
A Confederación Hidrográfica do Miño Sil dará por rematados os traballos de reparación da pasarela peatonal de Oira nos primeiros días de xullo
- Detalles
- Venres, 15 Xuño 2012

O vindeiro luns 18 de xuño, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil- CHMS-, Organismo Autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente -MAGRAMA-, comezará a 2ª fase das obras de reparación da pasarela peonil sobre o río Miño, en Oira.
Durante esta segunda fase corrixiranse os defectos da tarima de madeira de iroco utilizado no solado da pasarela, co aliñado e atornillado dos taboeiros que evitará que se levanten e rompan con facilidade.
Tamén finalizaráse o selado das pezas de sujeción dos tirantes coa instalación duns casquillos de aluminio que as recubrirán totalmente, este traballo non puido realizarse na fase anterior xa que estas pezas están a ser fabricadas a medida. "Trátase de garantir o selado total das pezas de unión dos cables que soportan o taboleiro da obra e como non atopamos no mercado unha peza adecuada que puidese realizar esa función tivemos que deseñala e fabricala a medida", segundo indicacións do enxeñeiro director da obra.
A pasarela permanecerá pechada durante a execución dos traballos e, sempre que estea garantida a seguridade dos peóns, abrirase ao público durante os fins de semana, tal e como vén facendo desde o peche efectuado o día 28 de maio; todo iso, para facilitar o acceso dos cidadáns de Ourense e dos turistas que nos visitan.