Arias Cañete: “O préstamo do BEI garantiza a terminación de todalas obras previstas no actual programa de inversións de Acuamed”
- Detalles
- Xoves, 14 Xuño 2012
- Trátase dun crédito de 500 millóns de euros que se abonan en dous tramos: un de 350 millones, obxecto do contrato que se firmou o 14 de xuño, e outro de 150 millones a firmar no 2013
- Levaránse a cabo un total de 28 actuacións en cinco concas hidrográficas españolas
- Financiará diversas inversións en desaladoras, mellora no suministro e depuración de augas residuais na costa mediterránea
O Ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, subliñou que o préstamo do Banco Europeo de Investimentos "pecha as necesidades de financiamento externo da sociedade Acuamed para a súa actual encomenda de actuacións, garantindo así a execución e terminación de todas as obras previstas no seu actual programa de investimentos".
Durante o acto de formalización do contrato de préstamo entre o Banco Europeo de Investimentos (BEI) e a Sociedade Estatal Augas das Concas Mediterráneas (Acuamed), subscrito este xoves na sede do Ministerio, entre o ministro e a vicepresidenta do organismo, Magdalena Álvarez, Miguel Arias Cañete explicou que se trata dun préstamo por un importe máximo de 500 millóns de euros, que se abona en dous tramos: un inicial de 350 millóns, obxecto do contrato que se asina hoxe, e outro de até 150 millóns a asinar en 2013. Arias Cañete tamén destacou que o prazo de amortización, a 25 anos, con 5 anos de carencia, e a un interese favorable "resulta moi adecuado no actual escenario macroeconómico".
Segundo destacou o Ministro, "este préstamo chega nun momento de vital importancia, cando aínda queda moito por facer para cumprir cos obxectivos e compromisos asumidos por España en materia de condución, saneamento, reutilización, depuración, desalación e irrigación de augas".
O programa de actuacións que financiará o crédito inclúe a execución de grandes obras de infraestrutura e traballos de mantemento e conservación, nos sectores de abastecemento de auga, saneamento, prevención de inundacións e protección ambiental.
Segundo detallou Arias Cañete, con este diñeiro levarán a cabo un total de 28 actuacións en cinco concas hidrográficas españolas (Ebro, Júcar, Segura, Mediterránea Andaluza e Concas internas de Cataluña). Delas, 7 serán en reutilización de augas residuais, 6 en desalación, 7 en prevención de inundacións e protección ambiental, 7 en xestión da auga e 1 en regadío. "Algunhas delas xa están incluídas no calendario de licitacións de 2012 e, outras o serán ao longo de 2013", asegurou.
Así mesmo, Arias Cañete recalcou que Acuamed dispón de capacidade financeira suficiente para asumir a devolución do préstamo, sen recorrer a outras achegas do Estado.
Finalmente, o Ministro destacou que todas as actuacións programadas seguen as liñas estratéxicas da política do Goberno en materia de auga, con "o obxectivo fundamental de dispor de subministración de auga en calidade e cantidade, en todo o territorio nacional, cunha visión integral do ciclo da auga, e contribuíndo ao mantemento dos ecosistemas". "Un obxectivo que lograremos mediante a consecución dun gran Pacto Nacional da auga, froito do cal proporemos un novo Plan Hidrológico Nacional, que teña en conta todas as tecnoloxías e infraestruturas existentes", concluíu.
INFRAESTRUTURAS DAS QUE CONSTA O PROGRAMA
O programa de actuacións financiadas consta de cinco tipos de infraestruturas. Así, as intervencións para a reutilización de augas residuais van consistir na instalación de infraestruturas de tratamento terciario para augas residuais depuradas, no marco de diferentes Estacións Depuradoras (EDAR), co obxectivo de reducir a carga de nutrientes destas augas xa tratadas, e darlles calidade suficiente para que poidan ser utilizadas para rega e acondicionamento de espazos urbanos.
No grupo de actuacións de desalación inclúense 6 plantas desaladoras, que producirán un total de 76 hm3 de auga ao ano. Estas plantas teñen a posibilidade, no caso de que sexa necesario, de ampliar a súa capacidade de produción, até alcanzar os 146 hm3 de auga ao ano.
Para a recuperación ambiental e prevención de inundacións, das 7 actuacións previstas, 4 corresponden a prevención de inundacións, problema que afecta con certa frecuencia á zona das Concas Mediterráneas, e outras 3 van orientadas á restauración das contornas fluviais.
De igual maneira, realizaranse outro sete actuacións para a xestión da auga, das que 4 son conducións que conectan entre si varias plantas de tratamento de auga para establecer deste xeito redes de subministración interconectadas que incrementen a garantía e a seguridade do abastecemento para os usuarios. O resto inclúe unha actuación de abastecemento e tratamento de auga en alta, outra de mellora da transferencia de auga entre dúas concas hidrográficas e unha terceira de recarga de augas subterráneas.
Por último, en relación con medidas de mellora da eficiencia na rega, está prevista unha intervención cuxa finalidade é interconectar infraestruturas de rega xa existentes e automatizar a súa xestión a través do sistema de control remoto. Con iso mellórase a eficiencia e o rendemento dos caudais de auga destinados a rega, evitando perdas de auga.