• imprimir

A Confederación Hidrográfica do Miño Sil comezará as obras de reparación da pasarela peatonal de Oira

 

  • O vindeiro luns comezarán os traballos de sustitución das pezas que provocan un goteo de cera ó cauce fluvial

O vindeiro luns 28 de maio, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil- CHMS-, Organismo Autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente -MAGRAMA-,  comezará as obras de reparación  da pasarela peonil sobre o río Miño, en Oira.

Esta actuación consistirá na substitución das pezas de sujeción dos tirantes da ponte e resolverá un pequeno problema detectado pola CHMS na unión entre as dúas pezas de protección dos cables que soportan o taboleiro da obra.  Estas dúas pezas,  de distintos materiais (polietileno e aceiro inoxidable),  teñen unha dilatación diferente cando están expostas a altas temperaturas, o que provoca unha pequena abertura pola que gotea a cera de protección do cable. Tamén se procederá ao atornillado dunha nova peza en cada un dos 56 tirantes da ponte, de modo que ambas as partes respondan de igual maneira ao frío e á calor.

As obras implicarán o peche temporal da pasarela e, co ánimo de causar o menor prexuízo para os cidadáns, estímase que, se non xorden imprevistos, nun mes poderán volver a estar dispoíble para gozar do paseo fluvial ourensán.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.