• imprimir

O Goberno aproba un Real Decreto-Lei sobre medidas urxentes en materia de medio ambiente

 

  • O obxectivo destas medidas é conquerir unha simplificación e axilización administrativa das normas ambientais.
  • Prevése que melloren a regulación da auga subterránea e as leis de Patrimonio Natural e Biodiversidade, así coma a  de Residuos y Solos Contaminados.

O Consello de Ministros aprobou na súa reunión de hoxe, a proposta do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA), un Real Decreto-Lei sobre medidas urxentes en materia de medio ambiente co obxectivo de lograr unha simplificación e axilización administrativas da xestión ambiental.

Con este Real Decreto-Lei, o Goberno impulsa unha lexislación ambiental máis sustentable, clara e sinxela para protexer o medio ambiente e fomentar un desenvolvemento compatible e integrado nel, eliminando aqueles mecanismos de intervención ineficaces pola súa propia complexidade e que impoñen dificultades de xestión para as administracións públicas e demoras nos cidadáns.

EFICAZ XESTIÓN DA AUGA


En materia de xestión de auga, e no marco deste contexto de seca meteorolóxica, este Real Decreto-Lei introduce unha serie de medidas para conseguir un uso máis adecuado da auga a través dunha xestión eficaz e coordinada na que se preserve, como principio fundamental, a unidade de xestión de conca.

Así, coa finalidade de racionalizar a xestión e o uso da auga, e en liña coa Directiva da Unión Europea "Marco da auga", regúlanse as masas de auga subterránea e o bo estado das mesmas. Así, introdúcese un réxime que permita reaccionar con rapidez ante os problemas que se detecten nos acuíferos subterráneos, así como unha maior flexibilidade para xestionar as súas dispoñibilidades de auga nas masas que conten cun plan de actuación.

Ademais, esta nova normativa hoxe aprobada reforza a potestade sancionadora do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente en materia de augas, co obxectivo de garantir unha correcta aplicación da lexislación, e con sancións que oscilan entre as leves (multa de até 10.000 euros) e as moi graves (de entre 500.000 e até 1 millón de euros).

O Real Decreto-Lei tamén reforza o principio de unidade de xestión das concas hidrográficas intercomunitarias, elevado a principio constitucional polo Tribunal Constitucional. Ademais, o novo texto normativo incorpora medidas que incentivan a transformación dos dereitos de aproveitamento privados de augas a dereitos concesionales, para facilitar e mellorar a xestión de episodios meteorolóxicos e hidrológicos desfavorables.


Por último en materia de auga, engádense condicións específicas para mellorar a situación do Alto Guadiana evitando unha deterioración do acuífero e permitindo manter a sustentabilidade das instalacións agrícolas derivadas.

UNIFICAR A PROTECCIÓN DO PATRIMONIO NATURAL


Doutra banda, o RD-L modifica a Lei do Patrimonio Natural e da Biodiversidade para consolidar e unificar nun só instrumento de protección as diversas figuras protectoras e mecanismos de planificación que, en ocasións, se solapan na xestión dos espazos protexidos e da Rede Natura 2000, xerando atrasos e inconvenientes entre a administración e os cidadáns. Quérese acabar así con situacións nas que, nunha mesma hectárea, podían concorrer diferentes instrumentos de xestión.

Ademais, a normativa garante a compatibilidade desta protección e conservación plenas coas necesidades de desenvolvemento propias dos núcleos urbanos alí situados, a través da planificación destes espazos naturais e os adecuados plans de e instrumentos de xestión e desenvolvemento.

Esta modificación instituye tamén un procedemento para comunicar á Comisión Europea as medidas compensatorias adoptadas nestes espazos protexidos.

SIMPLIFICACIÓN NORMATIVA EN RESIDUOS E CHANS CONTAMINADOS


O novo texto, por último, introduce tamén modificacións na Lei de Residuos e Chans Contaminados co obxectivo de simplificar e reducir as cargas administrativas que ocasionaban incerteza e inseguridade na aplicación de certos aspectos da norma.

As principais modificacións que se refiren a este ámbito son as relativas aos Sistemas de Depósito Devolución e Retorno (SDDR), co obxectivo de evitar imprecisións, incoherencias e interpretacións ambiguas da normativa. Por iso modifícase a súa redacción e precísase o alcance da aplicación dos SDDR.

Así, a partires da aprobación deste Real Decreto-Lei estes sistemas estableceranse nos casos nos que as características do residuo, as súas dificultades de valorización ou eliminación ou o incumprimento dos obxectivos de xestión determinen que a aplicación destes sistemas resulte a máis adecuada.

Así mesmo, introdúcense modificacións para diminuír cargas administrativas relacionadas cos traslados de residuos e coa obtención das autorizacións dos sistemas colectivos de responsabilidade ampliada do produtor.

ADAPTACIÓN NORMATIVA PARA A POXA DE DEREITOS DE EMISIÓN


Tamén se reforma a Lei do Mercado de Valores para adaptar a normativa española á europea e permitirá así o novo sistema de poxa de dereitos de emisión de CO2.

Desta forma, con esta adaptación normativa o Goberno impulsa o acceso das empresas españolas ao futuro sistema de repartición de emisións dunha maneira competitiva e igualitaria co resto de Europa, todo iso no marco do obxectivo xeral de loita contra o cambio climático.

As primeiras poxas de dereitos de emisión comezarán durante o segundo semestre de 2012, aínda que cobrarán maior importancia a partir de 2013. A UE no seu conxunto poxará en 2012 un volume de 120 millóns de dereitos de emisión, dos cales a España lle corresponde poxar algo máis de 10 millóns.

 Descargar PDF

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.