Constituída a Oficina Técnica da Seca na bacía hidrográfica do Miño-Sil
- Detalles
- Luns, 02 Abril 2012
O Plan Especial de Actuación en Situacións de Alerta e Eventual Seca, prevé que, unha vez superado o albor de situación de prealerta nos indicadores da conca, se efectuará un seguimento da seca. Por iso, o Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño -Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, ditou a Resolución pola que se constitúe a Oficina Técnica da Seca da conca hidrográfica do Miño-Sil.
Esta Oficina Técnica, presidida polo Presidente do Organismo, está formada polos representantes de cada unha das Unidades Administrativas dependente deste, que actuarán todos eles con voz pero sen voto: Comisario de Augas, Comisario Adxunto, Director Técnico, Director Técnico Adxunto, Secretario Xeral e Xefe da Oficina de Planificación Hidrolóxica, o cal ostentará a secretaría da citada Oficina,
A situación de prealerta que, polo momento, non pon en risco directo o abastecemento dos principais sistemas, si afecta aos parámetros ambientais, por iso o Plan Especial de Actuación da conca do Miño-Sil prevé un conxunto de medidas adaptadas aos diferentes albores de seca que establece o propio plan e que foron comunicadas ás Delegacións e Subdelegacións do Goberno, Comunidades Autónomas, Deputacións Provinciais, Mancomunidades de Municipios e aos 220 concellos que compoñen esta bacía hidrográfica do Miño-Sil.
As medidas propostas serían, entre outras, o aforro de subministración en usos e destinos non prioritarios (rego de xardíns,baldeo de rúas), redución de presión nocturna en redes urbanas e reforzo dos controis da auga captada para o abastecemento, para evitar que a calidade da auga, debido ao escaso caudal, sexa menor.