Francisco Marín aposta por incrementar o diálogo e a colaboración cos Concellos da Bacía Hidrográfica do Miño-Sil en León
- Detalles
- Xoves, 19 Abril 2012
- Primer encontro de Francisco Marín Muñoz, Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, cos Alcaldes de súa conca hidrográfica en León (Bierzo, Laciana y Babia), acompañado polo Subdelegado do Gobierno en León y polo Vicepresidente Tercero da Diputación Provincial de León.
- Francisco Marín comprometéuse a colaborar e asesorar os Concellos para adaptar o seus proxectos á normativa vixente, evitando así expedientes sancionadores.
A Confederación Hidrográfica do Miño Sil, CHMS, Organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, defendeu o seu compromiso de "continuar na medida do posible e tendo en conta o escenario económico actual" coas infraestruturas realizadas nesta zona nos últimos anos. Así o asegurou o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, no seu primeiro encontro cos 46 alcaldes do Bierzo, Laciana e Babia, o pasado 16 de abril na localidade de Ponferrada. Marín quixo confirmar a aposta do Organismo que preside coa zona, neste sentido, aproveitou a súa estadía en Ponferrada para informar sobre a próxima posta en marcha de "actuacións de conexión do tramo superior de Villafranca ao saneamento do Bierzo Baixo".
Durante a reunión, na que estivo acompañado polo Subdelegado do Goberno en León, Juan Carlos Suárez Quiñones e o vicepresidente da Deputación Provincial de León para o Bierzo, José Antonio Velasco, o máximo responsable da CHMS manifestou aos 46 alcaldes da conca a disposición do Organismo no "asesoramento técnico sobre a viabilidade das actuacións que pretendan acometer no Dominio público hidráulico".
Marín avogou pola "colaboración mutua" entre a CHMS e as administracións locais para evitar sancións económicas. "Á Confederación non a move un afán recadatorio", sinalou neste sentido Francisco Marín, quen insistiu en que "para nós a saúde das nosas masas de auga é fundamental, e estamos obrigados a cumprir coa normativa vixente". Por este motivo, Marín insistiu na vontade do seu Organismo na "colaboración" cos concellos e destacou a posibilidade de que os técnicos da CHMS "asesoren e informen os representantes das institucións públicas sobre que actuacións son autorizables" para non incorrer en expedientes sancionadores.
Mantemento das canles
O máximo responsable da Confederación Hidrográfica sinalou tamén a disposición do seu departamento nos labores de mantemento, conservación e restauración das canles "coa intención de manter o bo estado ecolóxico das nosas masas de auga" e evitar posibles danos coas crecidas dos ríos.
Seca
Respecto da situación de seca provocada polas escasas precipitacións deste inverno, Francisco Marín confirmou que desde a reunión urxente da Comisión de Desembalse, celebrada o pasado 27 de marzo, "a situación mellorou notablemente" e que "a día de hoxe, está garantido o abastecemento na zona".
Pola súa banda, o Subdelegado do Goberno, Juan Carlos Suárez Quiñones, destacou o compromiso e o esforzo investidor do Executivo central coa mellora dos regadíos da comarca.