• imprimir

A Confederación do Miño Sil e Augas de Galicia firman os convenios de cesión, ó Concello de Ourense, das obras dos colectores xerais dos ríos Miño e Barbaña

 

O presidente de Confederación Hidrográfica do Miño Sil, Francisco Marín, o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, e o director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, asinaron o nove de maio os Convenios de colaboración que  formalizan encoméndaa de xestión, ao Concello, para a explotación, mantemento e conservación das obras de mellora de saneamento na cidade encadradas dentro do Plan de Saneamento de Ourense, que supuxeron un investimento total de 44,5 millóns de euros.

  • Convenio de colaboración entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e o Concello de Ourense para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación das obras de mellora do saneamento de Ourense (marxe dereita)

Acondicionamento de colectores xerais e interceptores da marxe esquerda de río Miño, incluíndo a nova estación de bombeo do Couto

  • Convenio de colaboración entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Augas de Galicia e o Concello de Ourense para a formalización da encomenda de xestión para a explotación, mantemento e conservación das obras de mellora do saneamento de Ourense (marxe esquerda)

Acondicionamento dos colectores xerais do río Barbaña e acondicionamento dos colectores xerais e interceptores da marxe esquerda do río Miño.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil -CHMS-, Organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente -MAGRAMA-, deu un novo pulo ás obras de saneamento da cidade de Ourense coa firma, o pasado nove de maio,  dos correspondentes convenios de colaboración, por medio dos cales, as obras de saneamento de Ourense (realizadas polo MAGRAMA, no caso da marxe dereita do Miño, e as da marxe esquerda, realizadas polo MAGRAMA xunto coa a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas -CMATI-)  pasarán a depender do Concello do Ourense.


Entre os aspectos máis destacados deste acordo destaca  a posta en marcha da nova estación de bombeo  do Couto -que recollerá a maioría dos caudais xerados na cidade  para o seu tratamento na depuradora de Reza- e que ten capacidade para dar servizo a unha poboación potencial de 160.000 persoas.


As obras de saneamento realizadas pola Confederación Hidrográfica do Miño Sil e Augas de Galicia, supuxeron o acondicionamento dos colectores xerais do río Barbaña e de colectores xerais e interceptores que se atopan na marxe esquerda do río Miño. Na marxe  dereita do Miño este Organismo de conca realizou obras de acondicionamento de colectores xerais e interceptores, así como a que é a "peza crave" neste momento:  a nova estación de bombeo do Couto.


O pozo de bombeo recollerá a maioría dos caudais xerados na cidade para a súa posterior condución á estación depuradora, ademáis de permitir a retención das puntas de caudal durante os episodios de choiva.


Esta infraestrutura pasará a ser o corazón polo que discorrerán a maioría das augas xeradas na cidade. Esta obra recibirá a auga do interceptor xeral do río Barbaña, do interceptor da marxe esquerda e dos tramos Ponche Nova-Balneario e Vinteún-Ponche Nova, así como do interceptor xeral da marxe dereita do río Miño.


A estación de bombeo do Couto dará servizo a máis do 95% da poboación horizonte, estimada en 160.000 persoas. A súa capacidade máxima será de 3.680 litros por segundo aínda que o caudal bombeado á estación depuradora estará limitado a 1.500 litros segundo, que é a capacidade de tratamento da planta. O caudal restante reterase nos tanques de tormenta, incorporándose ao interceptor xeral cara á depuradora aos poucos.


A subestructura do pozo de bombeo do Couto consiste nun pozo circular de 25 metros de diámetro interior ao que se encosta a cámara de entrada dos interceptores e divídese en tres áreas diferenciadas: zona de grosos e obra de repartición, pozo de bombeo ou zona húmida e pozo de bombas ou zona seca. A profundidade máxima de escavación nesta zona foi de 25 metros.

 


 

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.