• imprimir

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil incrementa as actuacións preventivas para paliar posibles episodios de cianobacterias no encoro das Conchas

 

  • O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño Sil, Francisco Marín, evalúan as medidas que se puxeron en marcha na segunda reunión de traballo da "Comisión de seguimento do encoro das Conchas".

A Confederación Hidrográfica do Miño Sil, Organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA), celebrou na subdelegación do Goberno en Ourense a segunda reunión de traballo da "Comisión de seguemento do encoro das Conchas". Roberto Castro e Francisco Marín evaluaron as medidas preventivas que se puxeron en marcha para paliar os posibles efectos das cianobacterias no encoro, cos técnicos da Comisaría de Augas do Organismo de Cuenca, os das consellerías de Medio Rural e do Mar e de Sanidade, así como os de Augas de Galicia y Gas Natural Unión Fenosa, empresa titular do aproveitamento hidroeléctrico das Conchas.

Para previr unha posible concentración de cianobacterias, "Bloom", no encoro das Conchas (río Limia) -que pode producirse nos meses de verán-, Marín e Castro reuniron aos alcaldes da zona para explicar en detalle as actuaciones planificadas neste encoro, que aunque non é usado para abastecimento, pode ver afectadas algunhas actividades acuáticas e turísticas nos municipios do seu entorno.

Estudos

Para indagar a fondo na dinámica do encoro nos momentos de menos caudal, contratáronse estudos de detalle coa Universidade Autónoma de Madrid e a Universidade de Santiago, que incluen tomas de mostra de auga e sedemento e unha análise dos datos combinados de todos os aspectos implicados no sistema do encoro.

Estos análises están destinados a describir o proceso completo do encoro, e así trata de explicar a aparición dos "Bloom" e poder dispoñer da información más completa posible para intentar prevenir a súa aparición no futuro.

Actuacións

Entre as actuacións que se acometerán de forma inmediata, coa intención de reducir o aporte de nutrintes, vaise instalar de forma experimental un sistema de absorción dos nutrintes, presentes nas aguas dos cauces tributarios do encoro, mediante a utilización de solos absorbentes.

Tamén, para comprobar o comportamento de ditos solos a unha escala máis real, este ano procederáse á instalación de sendas estructuras filtrantes nos cauces do río Limia e do Canal de a Laguna de Antela. O facer pasar as aguas a través de ditas estructuras persíguese que se absorban os nutrintes presentes nas augas, reducindo a súa concentración e, en consecuencia, o seu aporte ó encoro das Conchas. O mesmo tempo e para coñecer a efectividade do sistema, realizaráse un seguemento dos rendimentos obtidos mediante as correspondentes campañas analíticas.

Finalmente, a modo experimental e o obxecto de estudar a súa efectividade nas zonas de baño de Porto Quintela (Bande) e O Corgo-A Rola (Muiños), instalaránse estructuras flotantes con corteza de eucalipto, para crear no entorno un ambente desfavorable á proliferación das cianobacterias e reducír así o efecto dun posible Bloom, aproveitando a experiencia desarrollada por Augas de Galicia no 2011 no Encoro do Umia.

Más información en: http://www.magrama.gob.es/es/prensa/noticias/la-confederación-hidrográfica-del-miño-sil-incrementa-las-actuaciones-preventivas-para-paliar-posibles-episodios-de-cianobacterias-en-el-embalse-de-as-conchas-(ourense)/tcm7-204357-16
 
Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.