A CHMS entrega á USC as chaves do Muiño de Olga para uso como punto de divulgación científica

  • O investimento na adaptación desta infraestrutura fluvial de 363 m2 construídos superou os 790.000€, sufragados pola CHMS na súa totalidade.
  • "A cesión deste antigo muíño, propiedade da CHMS, para uso educativo e de investigación, propiciará a posta en valor dos ríos e das infraestruturas fluviais tradicionais, moi importantes, sobre todo, na parte lucense da demarcación do Miño-Sil" explicou Quiroga.
  • "O compromiso da USC é dedicalo principalmente a temas relacionados coa hidrología, xestión de recursos do río, ecosistemas fluviais e etnografía" engadiu o presidente.

 

 

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Rosa María Crujeiras, reitora da Universidade de Santiago de Compostela, escenifican o acto de entrega de chaves do "Muiño de Olga”, propiedade da CHMS, en favor da USC, tras realizar a súa rehabilitación por un valor de máis de 790.000 euros e froito da firma dun convenio entre as dúas entidades.

Características da edificación orixinal

Trátase dun edificio construído orixinalmente para muíño hidráulico de río, con catro rodicios, transformado con posterioridade en restaurante, sen alterar irreversiblemente a súa configuración arquitectónica; dispón de dúas plantas sobre o nivel das augas e unha baixo estas, onde se sitúa todo o circuíto hidráulico.

A estrutura e o sistema envolvente, como é propio dunha construción tradicional, conforma un único elemento construtivo, neste caso, definido por muros de carga de lajas de lousa, propio da zona xeográfica onde se sitúa o muíño, revestido internamente por unha capa de morteiro de cal. A estrutura horizontal resolvíase con pezas enteirizas de madeira de castiñeiro, simplemente apoiadas nos muros citados sobre a que se estendía o piso de madeira de táboas do mesmo material.

A cuberta ofrece unha solución máis singular que a que se podería deducir do carácter tradicional da edificación. É unha solución a catro augas. A luz das limas, maior que o resto das pezas da armazón da cuberta, eludíase cunha dobre ménsula apoiada no muro central.

Obras de adaptación das instalacións

A CHMS executou as obras necesarias para conseguir a adecuada finalidade do edificio, eliminando os feísmos desta contorna tan privilexiada ao bordo do río Miño, á beira da Acea de Olga e situado nun municipio tan arraigado á historia e ao patrimonio fluvial.

As actuacións proxectadas comezaron coa eliminación deses elementos anexos ao inmoble que non formasen parte do conxunto edificatorio inicial, como a construción adxacente ao inmoble destinada a Polbeira e a terraza sobre o Río Miño executada con pórticos de formigón armado e laxa, apoiado en zapatas illadas de gran dimensión sobre a propia canle do río e sobre a estrutura muraria de pedra que dá forma á represa.

Substituíuse a cuberta orixinal, para garantir a impermeabilidade da mesma, cambiando os elementos estruturais de segunda orde e implementando unha cuberta con maior illamento térmico, con acabado en lousa sobre taboleiro tricapa e rastrelado.

Ademais, acondicionouse o interior do inmoble eliminando todos os elementos propios do seu último uso (hostalería) co interese de crear un espazo que poida albergar un centro de divulgación científica, mantendo e restaurando os elementos hidráulicos propios do muíño (produción de electricidade, #moenda de cereal); dotándoo dun espazo propicio para centro de exposicións e dunha sala na planta superior, coa adecuada acústica para charlas, reunións, onde se poden situar a máis de 40 persoas.

As obras axustáronse en todo momento ao proxecto e as súas especificacións, coas lóxicas adaptacións ás esixencias dunha contorna exposta aos axentes naturais vinculados ao río Miño.

Compromiso da USC

Pola súa banda, a USC dotará de contido esta infraestrutura para o seu uso como punto de divulgación científica e de transferencia de coñecemento. "Hai que lembrar que as Universidades teñen entre as súas funcións, a difusión, a valorización e a transferencia do coñecemento ao servizo da cultura, da calidade de vida e do desenvolvemento económico e social, polo que consideramos que esta cesión terá un uso adecuado de difusión da cultura tradicional, da historia e do valioso patrimonio etnográfica co que conta a nosa Comunidade Autónoma" incidiu o presidente.

"A cesión deste antigo muíño, propiedade da CHMS, para uso educativo e de investigación, propiciará a posta en valor dos ríos e das infraestruturas fluviais tradicionais, moi importantes, sobre todo, na parte lucense da demarcación do Miño-Sil" concluíu. Quiroga.

"Este é un proxecto especialmente importante porque nos permite recuperar un elemento do noso patrimonio hidráulico e, ao mesmo tempo, darlle unha nova función vinculada directamente ao coñecemento, á formación e á transferencia”, indicou a reitora.

"Queremos que sexa un espazo vivo, conectado e integrado plenamente nas actividades do Campus de Lugo; que sexa un lugar no que se poidan desenvolver actividades formativas e divulgativas, favorecer a transferencia de coñecemento e achegar á sociedade unha cuestión tan esencial como é a auga e todo o que ten que ver coa súa xestión e conservación. E creo que aquí está precisamente o valor deste proxecto: recuperar patrimonio para xerar coñecemento e poñer ese coñecemento ao servizo da sociedade”, incidiu Crujeiras.

O investimento na adaptación desta infraestrutura fluvial de 363 m2 construídos superou os 790.000€, sufragados pola CHMS na súa totalidade.

260903 CHMS USC ActoEntregaChaves MuinodeOlga 1

260903 CHMS USC ActoEntregaChaves MuinodeOlga llaves

 

260903 CHMS USC ActoEntregaChaves MuinodeOlga 3

 

 

Descargar PDF

 

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.