O TSXG desestima o recurso do Club Fluvial de Lugo contra a resolución da CHMS polo importe do canon de utilización do DPH

  • Nos cálculos do Club deixábase fose unha ampla extensión da parcela catastral na que se sitúan determinadas instalacións que se atopan dentro da zona de valado e en DPH.
  • "O Club Fluvial está obrigado, como non pode ser doutro xeito, a cumprir as condicións da Concesión outorgada por este Organismo, tendo en conta que o uso do DPH por este non pode limitar dereitos ao resto da cidadanía" incidiu o presidente.

 

 

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, MITECO, recibiu a Sentenza do TSX de Galicia que desestima o Recurso do Club Fluvial de Lugo (CFL) contra a Resolución de Autorización do Organismo de conca para o uso do DPH.

A modo de antecedentes, cabe indicar que o CFL interpuxo Recurso Contencioso Administrativo da desestimación por silencio do recurso de Reposición formulado o 10 de xullo de 2024, fronte á resolución ditada pola CHMS o 10 de xuño de 2024, sobre a Autorización para o uso do dominio público hidráulico polo Club Fluvial no barrio de San Lázaro.

"É importante destacar que a problemática estribaba no cálculo do canon, neste sentido, indicar que o Club, nas súas medicións, deixaba fose unha ampla extensión da parcela catastral na que se sitúan determinadas instalacións que se atopan dentro da zona de valado e en DPH" explicou Quiroga.

"Para corroborar os datos contidos na Resolución, este organismo de conca, atendendo o obxecto do Recurso e ás alegacións da parte recorrente, definiu pormenorizadamente a delimitación do DPH respecto de as instalacións do Club Fluvial calculando a superficie de todas elas; esta información veraz e clara deu como resultado a citada desestimación do Recurso”, engadiu o presidente.

Outros incumprimentos

"O Club Fluvial está obrigado, como non pode ser doutro xeito, a cumprir as condicións da Concesión outorgada por este Organismo, tendo en conta que o uso do DPH por este non pode limitar dereitos ao resto da cidadanía" incidiu o presidente.

"Atendendo ao anterior, é importante destacar que, neste momento, están activos dous expedientes sancionadores; un deles por incumprimento das condicións particulares 5ª, demolición da piscina infantil; e 18ª peche das instalacións deportivas permeables e desmontables do expediente de obras; e outro por incumprimento da condición particular 4ª ao non estar expedita a zona de servidume alternativa" concluíu Quiroga.

 

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.