A CHMS traballa na conservación e mellora dun arroio en Columbrianos (Ponferrada)

  • Realízase poda de formación, rozas selectivas e entresaca de pés e elimínase a vexetación que crece dentro da canle e o seu voo nas zonas que ameaza con caer ao río
  • A duración dos traballos estímase en 2 semanas e o investimento previsto supera os 10.000 euros

 

 

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, traballa na conservación e mellora do arroio innominado que pasa pola localidade de Columbrianos no TM de Ponferrada (León).

Este afluente da Reguera de Naraya presentaba unha gran acumulación de vexetación de ribeira que entorpecía o normal discorrer da corrente, podendo provocar desbordamentos en época de avenidas.

Para solucionar a problemática existente, proxectáronse podas de formación, rozas selectivas e entresaca de pés; alén da eliminación da vexetación que crece na canle e o seu voo para evitar que se poida deprender cara ao río.

Os restos vexetais grosos amontóanse para e póñense ao dispor para o seu aproveitamento polos veciños e os finos se trituran in situ.

"Estas intervencións teñen como obxectivo mellorar a capacidade hidráulica da canle e manter a composición da vexetación de ribeira, o que redundará na recuperación do normal discorrer das augas" explicou José Antonio Quiroga, presidente da CHMS

Os traballos descritos son realizados por unha brigada forestal formada por 4 operarios e un encargado; a lonxitude total do tramo obxecto da actuación é de 676 m. en zona non urbana; a duración dos mesmos estímase en 2 semanas e o investimento previsto supera os 10.000 euros.

 

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.