José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), e Pablo José Taboada, alcalde do concello lucense de Palas de Rei, rubrican un Convenio de colaboración que determina as condicións para o financiamento e execución dunha obra de paso sobre rego de Penelas, afluente do río Ferreira, ao seu paso por Berbetouros.
Na actualidade disponse unha infraestrutura antiga e deteriorada que forma parte dun conxunto de vías que conectan as estradas LU-231 e LU-P-4004, permitindo á súa vez o acceso ás distintas explotacións e terreos agrícolas existentes na zona. Para solucionalo exponse unha nova estrutura de paso sobre o río, que cumprindo co indicado o Plan Hidrolóxico, recupere a conexión viaria e teña unha plataforma de paso o suficientemente ampla para garantir o paso de maquinaria agrícola.
A actuación consiste na substitución da obra de paso existente e para iso procederase á demolición da estrutura existente e o acondicionamento da plataforma de traballo, previo á construción da nova obra de paso, reposición do firme e instalación de sistemas de contención.
“Desde a CHMS queremos destacar o noso firme compromiso de colaboración para executar proxectos que preserven, melloren e valoricen a riqueza natural, patrimonial e paisaxística coa que conta esta demarcación”; concluíu Quiroga
O investimento estimado supera os 135.000€, que será sufragada en porcentaxe 90% pola CHMS e o 10% restante polo Concello.