CHMS investirá 4.500.000€ nunha obra de paso sobre o río Asma en Chantada (Lugo)
- Detalles
- Venres, 07 Novembro 2025
- "Situada no percorrido do Camiño de Santiago, proxéctase unha infraestrutura de 75 metros e tres vans, cunha plataforma formada por 2 carrís de 3,5 m. de ancho e dúas beirarrúas de 2,5 m., cos elementos de seguridade necesarios, tales como peitoril metálico ou varandas" explicou Quiroga.
José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo rubricaron hoxe un convenio de colaboración que posibilitará a construción dunha ponte sobre o río Asma e os seus viais de incorporación asociados.
O presente convenio ten por obxecto determinar as condicións para a colaboración entre as partes outorgantes no financiamento e execución das actuacións, establecendo o réxime da posterior entrega das obras executadas para o seu mantemento e conservación.
Antecedentes
No barrio da Ponte da capitalidade do municipio, a estrada LU-P-1801 cruza o río Asma por unha ponte estreita, que forma parte do percorrido do Camiño de Santiago e que dá acceso a unha importante zona da Ribeira Sacra, a estrada que paso ao barrio da Ponte cun estreito vial duns 260 m que en zonas carece de beirarrúas e que non se adapta aos requirimentos do tráfico actual ademais de poñer en perigo a transeúntes, veciños/as e ao gran número de peregrinos/as que o utilizan imposibilitando unha dinámica urbana normal. Con esta infraestrutura solucionaranse os problemas viarios e urbanísticos do barrio da Ponte.
O proxecto
Para solucionar a problemática existente, executarase unha nova ponte que conte coas medidas necesarias para o tránsito seguro; neste sentido, "situada no percorrido do Camiño de Santiago, proxéctase unha infraestrutura de 75 metros e tres vans, cunha plataforma formada por 2 carrís de 3,5 m. de ancho e dúas beirarrúas de 2,5 m., cos elementos de seguridade necesarios, tales como peitoril metálico ou varandas" explicou Quiroga
Asociados á ponte construiranse dous viais de acceso de lonxitude total aproximada de 575 metros lineais que comuniquen a estrada LU-P-1801 coa Avenida de Monforte, a súa plataforma estará formada por 2 carrís de 3,5 metros de ancho cada un e dúas beirarrúas de 2,5 metros.
A citada infraestrutura comunicará a estrada LU-P-1801 coa Avenida de Monforte e cruzará o río Asma á altura do actual recinto feiral, completando así un percorrido aproximado de 650 metros lineais.
O investimento total necesario estímase en 4,5 millóns de euros, que será sufragada nun 90% pola CHMS e 10% restante polo Concello.
"Desde a CHMS queremos destacar o noso firme compromiso de colaboración para executar proxectos importantes que redunden na mellora do medio ambiente e na calidade de vida dos veciños/as e visitantes, todo iso axúdanos a valorizar a riqueza hidráulica coa que conta esta demarcación e que é parte do noso patrimonio" engadiu Quiroga.

