• imprimir

A CHMS inviste máis de 120.000 euros nunha obra de paso sobre o río Bidueiro no municipio ourensán de Rairiz de Veiga

  • "Procedeuse á demolición da infraestrutura antiga e en moi mal estado, para executar unha nova, que conta coa capacidade hidráulica suficiente tal e como esixe a normativa" explicou Quiroga

 

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade, visitan o resultado das obras de construción dunha ponte sobre o río Bidueiro en Ponche Catuxa.

As obras comezaron coa demolición da obra de paso antiga, en moi mal estado e de pequena entidade, formada por catro tubos paralelos de formigón que cubría o leito de aproximadamente 12 metros de anchura total.

A nova obra de paso proxectouse cunha forma e tipoloxía nova, que salva o leito sen apoios intermedios, coa construción dunha ponte de formigón de 12 m de luz libre e 4 m de ancho a base de vigas prefabricadas, laxa de formigón e aletas de cachotería, cumprindo os parámetros en canto á capacidade hidráulica que esixe a normativa.

"Procedeuse á demolición da infraestrutura antiga e en moi mal estado, para executar unha nova coa capacidade hidráulica suficiente que esixe a normativa" explicou Quiroga

"En aras da colaboración entre administracións, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil cofinanciou e executou estas actuacións realizando un investimento final de 121.000 euros" concluíu Quiroga.

 

251017 1

251017 2

251017 3

251017 4

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.