
Oporto acolle a 17ª reunión de socios do proxecto RISC_PLUS, unha iniciativa estratéxica para a xestión de riscos climáticos na rexión transfronteiriza
- Detalles
- Venres, 04 Xullo 2025

- O proxecto avanza, ademais, na elaboración dun Plan Especial de Seca conxunto (España-Portugal) que permitirá diagnosticar e xestionar con maior rigor escenarios de seca prolongada e escaseza conxuntural
- A FEUP presentou un modelo preditivo para a prevención dos efectos da seca a varios meses vista
- A CHMS e UVIGO mostraron avances nas análises de risco por inundacións a través dos modelos hidrolóxicos e hidráulicos implementados no novo sistema de axuda á decisión fronte a inundacións do SAIH, elementos crave para mellorar a resiliencia dos territorios #ante eventos climáticos extremos
Celebrada na sede de APA - ARH Norte, no Porto, a 17ª reunión de socios do proxecto RISC_PLUS, unha iniciativa cofinanciada polo programa INTERREG VIN A - POCTEP e considerada de importancia estratéxica no ámbito da cooperación transfronteiriza para a xestión de riscos asociados ao cambio climático.
A xornada reuniu aos representantes das catro entidades socias do proxecto: a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), a Agência Portuguesa do Ambiente (APA), a Faculdade de Engenharia dá Universidade do Porto (FEUP) e a Universidade de Vigo (UVIGO).
Durante a reunión realizouse un exhaustivo repaso do estado de execución do proxecto, tanto desde o punto de vista técnico como financeiro. Entre os fitos destacados subliñouse a posta en funcionamento de varias estacións de seguimento hidrometeorológico en tempo real por parte da CHMS, mais concretamente as estacións do Sistema Automatico do Sistema Hidrolóxico (SAIH) no río Quiroga en Quiroga (Lugo), río Lobios en Lobios (Ourense), Rio Narla en Friol (Lugo), río Sil en Toreno (León), ademais da estación do Sistema Automático de Calidade das Augas (SAICA) do río Tamuxe no Rosal (Pontevedra).
Tambien informouse que se atopan en execución a estación do río Tremor en Torre del Bierzo (León) e próximas ao seu inicio en río Támoga en Cospeito (Lugo) e no río Barbaña en Ourense.
Da mesma forma están a iniciarse os traballos de axuste do inventario de recursos hídricos naturais da Demarcación por parte da CHMS en colaboración co Centro de Estudos Hidrográficos do CEDEX.
Informouse do estado de tramitación do novo Plan de Seca da parte española da Demarcación e por outra banda a FEUP presentou un modelo preditivo para a prevención dos efectos da seca a varios meses vista.
Igualmente a CHMS e UVIGO mostraron avances nas análises de risco por inundacións a través do dos modelos hidrolóxicos e hidraulicos implementados no novo sistema de axuda á decisión fronte a inundacións do SAIH, elementos crave para mellorar a resiliencia dos territorios #ante eventos climáticos extremos.
Outro punto central da reunión foi a definición do alcance do estudo socioeconómico previsto na Actividade 4, cuxo desenvolvemento se abordará nos próximos meses. Este estudo avaliará os impactos dos fenómenos extremos na poboación e nas actividades económicas da rexión, achegando unha visión integral ás actuacións do proxecto.
Así mesmo, púxose especial énfase na estratexia de comunicación, dada a relevancia estratéxica do proxecto, tanto a nivel rexional como europeo. Acordouse reforzar as accións de difusión para asegurar unha maior visibilidade e comprensión pública dos resultados e beneficios do proxecto.
Finalmente, os socios reafirmaron o seu compromiso coa cooperación activa e coordinada nos meses restantes de execución, co obxectivo de consolidar os logros alcanzados e garantir o cumprimento dos obxectivos marcados.
O proxecto RISC_PLUS segue avanzando como un referente na cooperación transfronteiriza para a xestión integrada de riscos climáticos, apostando pola innovación, o coñecemento compartido e a protección do territorio.