
A CHMS realiza unha xornada debate sobre os documentos iniciais do novo ciclo de Planificación Hidrolóxica para o período 2028-2033
- Detalles
- Xoves, 24 Abril 2025

- Enmarcada no cuarto ciclo de planificación desde a entrada en vigor da Directiva Marco da auga no ano 2000
- "Expuxéronse os documentos iniciais, que se atopan actualmente no período de consulta pública ata o próximo 20 de xuño, e que constitúen a primeira das tres etapas previas á redacción definitiva do PHMS" explicou Quiroga
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, realizou unha xornada-debate divulgativa sobre o contido dos documentos iniciais do proceso de planificación 2028-2033, que son a primeira das tres etapas das que consta a elaboración do plan hidrolóxico.
A xornada, que se realizou esta mañá en Ourense en formato aberto, enmárcase dentro do proceso de participación pública que está a permitir a toda a cidadanía dar a coñecer as súas suxestións ou propostas a este documento; na mesma interviñeron, José Antonio Quiroga, Presidente do Organismo, e Carlos Ruiz do Portal, Xefe da Oficina de Planificación Hidrolóxica, contando coa asistencia de máis de 80 persoas de distintos ámbitos, Concellos, Asociacións Ecoloxistas, representantes de distintos sectores de actividade, doutras administracións e outros axentes implicados.
"Expuxéronse os documentos iniciais do proceso de planificación 2028-2033, que se atopan actualmente no período de consulta pública ata o próximo 20 de xuño, e que constitúen a primeira das tres etapas previas á redacción definitiva do PHMS" explicou Quiroga
"Como paso previo a esta xornada celebráronse catro xornadas sectoriais (organizacións en defensa dos intereses ambientais, usuarios de abastecemento urbano, usos agropecuarios e usos enerxéticos) e presentáronse os contidos #ante os órganos colexiados (Xunta de Goberno, CAD e CAC).
Contido dos documentos iniciais
De acordo con a DMA e o TRLA, o plan hidrolóxico debe actualizarse e revisarse cada seis anos, e os DDII son a primeira etapa das tres fases das que consta a revisión, actualización e elaboración do plan. A esta primeira etapa (DDII) seguirá a segunda, o esquema de temas importantes en materia de xestión das augas e a terceira e última que é o propio proxecto de plan.
Durante a xornada describíronse as características da demarcación, un estudo repercusións da actividade humana no estado das augas superficiais e das augas subterráneas, unha análise económica do uso da auga así como do proxecto de participación pública e as fórmulas de consulta para facer efectiva a mesma.
Así, dentro do estudo da repercusión da actividade humana sobre o estado das masas de auga, trátanse os principais problemas existentes na demarcación hidrográfica, tales como o elevado número de barreiras transversais existentes, a alteración do réxime hidrolóxico orixinada polos aproveitamentos hidroeléctricos, os problemas derivados da contaminación difusa procedente da actividade agrícola e gandeira, o impacto da actividade mineira e os vertedoiros, a contaminación puntual por verteduras ou a elevada ocupación das zonas adxacentes ao dominio público hidráulico.
Da mesma forma explicáronse as necesarias melloras en materia de gobernanza, sobre todo no relativo á coordinación entre as diferentes administracións públicas con competencias en auga, á hora de executar o programa de medidas asociados ao plan; á cooperación transfronteiriza; incidindo na posta en marcha das medidas necesarias para o logro do bo estado das masas de auga e na necesidade de incrementar o cociente de recuperación de custos resultante da análise económica do uso da auga realizado.
Fíxose fincapé no impacto do cambio climático nos recursos hídricos da demarcación, #ante a previsible diminución futura das precipitacións, así como a maior recorrencia de fenómenos extremos como inundacións e secas e o seu potencial efecto nos fenómenos de contaminación accidental e os incendios.
"O fomento e a consecución efectiva da participación activa das diferentes partes interesadas na materia, é un dos principais obxectivos da planificación hidrolóxica e continuará durante o segunda –Esquema dos temas importantes en materia de xestión das augas- e terceira fase-proxecto de plan hidrolóxico de conca- da elaboración do novo plan que debe culminar antes do fin do ano 2027" concluíu Carlos Ruiz, xefe da OPH.