• imprimir

A CHMS finaliza as obras de saneamento no municipio ourensán do Carballiño

La CHMS finaliza las obras de saneamiento en el municipio ourensano de O Carballiño
  • Procedeuse á renovación integral das redes de saneamento, pluviais e abastecemento nun tramo de 550 m. da rúa Ourense.
  • Estas actuacións supuxeron un investimento de 1.370.000 euros.
  • “Estamos ante un exemplo máis de que a colaboración este Administracións é a clave para executar proxectos importantes que melloren o medio ambiente e a calidade de vida dos veciños” explicou o presidente.

 

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, finaliza as obras de renovación de canalizacións e acondicionamento da rúa Ourense, no Carballiño (Ourense).

Problemática

No último tramo da rúa Ourense do Carballiño, as conducións de evacuación de augas residuais e pluviais atopábanse nun estado deficiente, o que provocaba roturas e verteduras recorrentes. Para solucionar a problemática o 31 de marzo de 2023 formalizouse o Convenio entre a CHMS e o Concello do Carballiño para o financiamento, execución e entrega das obras.

O proxecto

Os traballos consistiron na renovación integral das redes de saneamento, pluviais, abastecemento de auga, electricidade, iluminación pública e telecomunicacións dun tramo da rúa Ourense duns 550m de lonxitude, entre as interseccións desta coas rúas Celso Emilio Ferreiro e 25 de Xullo.

En superficie, executáronse dous carrís de circulación de 3,50 m de ancho, un en cada sentido, seguidos de aparcamentos en liña ou en diagonal, segundo o tramo de rúa. O resto de superficie ata completar o ancho dispoñible urbanizouse como beirarrúa, de formigón impreso, cunha anchura mínima de 1,80m, na que se situaron bancos e papeleiras, axardinamentos e iluminación.

Estas actuacións supuxeron un investimento de 1.370.000 euros.

“Estamos ante un exemplo máis de que a colaboración este Administracións é a clave para executar proxectos importantes que melloren o medio ambiente e a calidade de vida dos veciños” explicou o presidente.

20250327 SaneamientoCarballino 3

20250327 SaneamientoCarballino 2

 20250327 SaneamientoCarballino 1

20250327 SaneamientoCarballino 4

 

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.