
A CHMS conmemora o Día Mundial da auga co alumnado do CEIP Plurilingüe Monforte de Lemos
- Detalles
- Venres, 21 Marzo 2025

- Este ano Baixo o lema “Conservación dos Glaciares” no contexto de axuntar esforzos para mitigar o cambio climático e adaptarnos aos novos escenarios.
- Celebrouse este día cos alumnos e alumnas de 5º curso participando nun Obradoiro titulado “Unha viaxe polo meu río” enmarcado dentro das actividades de educación ambiental do proxecto “Gústame O meu Río”.
- Quiroga lanzou unha mensaxe ao alumnado sobre a aprendizaxe e a concienciación do uso da auga "un recurso valioso, fundamental e escaso que debedes de coidar, porque sen auga non hai vida; isto é o que debedes de transmitir desde o voso papel de expertos coidadores de ríos".
Esta mañá os alumnos e alumnas de 5º do CEIP Plurilingüe Monforte de Lemos participaron activamente no conxunto de actividades programadas pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do MITECO, para conmemorar o Día Mundial da auga (22 de marzo).
O presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, acudiu ao centro escolar acompañado por 1ª tenente alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, onde comprobaron “in situ” o desenvolvemento das mesas de traballo do taller “Unha Viaxe polo Río”, enmarcado no proxecto de educación ambiental, Gústame O meu Río, deseñado pola CHMS e no que, desde 2018, participan ao redor de 300 escolares por ano.
Desenvolvemento das actividades
Os escolares aprenderon acerca da celebración do Día da auga, do coidado do medio ambiente e da importancia dos pequenos xestos diarios. “Formades parte dunha nova xeración que aprende e valoriza a riqueza natural da contorna e a necesidade de conservalo”, lembroulles e agradecido Quiroga.
Para conmemorar este día salientouse sobre o “Valor da auga” a través dun taller/ obradoiro que chamamos “Unha viaxe polo meu río”. “Como ben sabedes a maioría dos pobos, aldeas ou cidades están situadas sempre preto dos ríos, iso dános a pista de que necesitamos a auga para vivir, para cultivar, para dar de beber aos nosos animais, para manter a hixiene, para construír… Nesta viaxe polo río nas 4 mesas de traballo imos descubrir xuntos 10 infraestruturas que os seres humanos ideamos para poder aproveitar a auga dos ríos” explicou o presidente.
“Pero non será tan fácil, teredes que descifrar 10 enigmas cos que poñeremos proba a vosa memoria, a capacidade lóxica, matemática, de concentración e de traballo en equipo” matizou un dos educadores do proxecto durante a presentación do taller.
Os escolares tamén tiveron a oportunidade de entrevistar as autoridades na RadioForte do centro escolar, actividade na que se mostraron moi profesionais e fixeron preguntas elocuentes e a través das que puidemos comprobar o grao de aprendizaxe e a implicación na coidado da auga e dos ríos.
“Desde a CHMS consideramos necesario que os máis pequenos comprendan que a auga e os ecosistemas fluviais son limitados e que temos que asumir a responsabilidade e o papel do ser humano na conservación dos mesmos” incidiu Quiroga.
Ambas as autoridades foron testemuñas do respecto que mostran as novas xeracións polo medio ambiente, o aforro de auga e o desenvolvemento sostible. A Tenente alcalde valorou moi positivamente estas actividades e agradeceu a elección deste centro escolar do seu Concello.
Por último, Quiroga lanzou unha mensaxe ao alumnado sobre a aprendizaxe e a concienciación do uso da auga "un recurso valioso, fundamental e escaso que debedes de coidar, porque sen auga non hai vida; isto é o que debedes de transmitir desde o voso papel de expertos coidadores de ríos".