• imprimir

132/10000 Avanzan a bo ritmo as obras de saneamento e depuración que a CHMS está a executar no municipio lucense de Ferreira de Pantón

Avanzan a buen ritmo las obras de saneamiento y depuración que la CHMS está ejecutando en el municipio lucense de Ferreira de Pantón
  • Actuacións que supoñen un investimento próximo aos 870.000 euros
  • Nesta primeira fase executarase o colector principal e a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), para completarse cunha segunda fase, na que se construirán o resto de colectores e as conexións cara ao colector en execución.
  • “Estamos ante unha obra de saneamento moi visual durante a execución, aínda que, como a maioría das actuacións deste tipo non se apreciará unha vez finalizada, pero o resultado será unha mellora notable do medio ambiente e da calidade das augas do río Carabelos” explicou Quiroga. 

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e José Luis Álvarez, alcalde do municipio lucense de Pantón, visitaron as obras de saneamento e depuración que o organismo de conca está a executar no núcleo de San Martín (Ferreira de Pantón).

Na actualidade, a parroquia de San Martín de Pantón, conta cun sistema de depuración pouco adecuado e deficitario, o que provoca verteduras recorrentes ao río Carabelos, afluente do río Cabe.

Para solucionalo, proxectouse unha primeira fase de actuacións, consistentes na execución do colector principal, de diámetro 315mm e lonxitude total 850 metros, así como a construción dunha Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) que inclúe o sistema de desbaste, tratamento primario con tanque tipo Imhoff, tratamento secundario mediante sistema de leitos bacterianos, e decantador secundario.

“Actuacións en execución que avanzan a moi bo ritmo e que supoñen un investimento próximo aos 870.000€, financiados nun 80% pola CHMS e o 20% restante polo Concello, que comezaron a finais de decembro e que se prevé que están terminadas ao longo do mes de agosto”, explicou Quiroga.

“Para completar estas actuacións redactouse unha segunda fase, pendente de licitar, na que se executarán o resto de colectores que conectarán ao colector principal en execución” engadiu o presidente.

“Estamos ante unha obra de saneamento moi visual durante a execución, aínda que, como a maioría das actuacións deste tipo non se apreciará unha vez finalizada, pero o resultado será unha mellora notable do medio ambiente e da calidade das augas do río Carabelos” explicou Quiroga.

Pola súa banda o alcalde agradeceu a implicación e importante financiamento da CHMS nesta actuación crave para o seu municipio.

“A colaboración institucional é a clave para conseguir proxectos importantes para preservar e mellorar a calidade das augas dos nosos leitos fluviais, sendo fundamental a implicación dos gobernos locais como canle de comunicación máis directo e claro, polo coñecemento que posúen das necesidades reais das zonas ás que representan” concluíu o presidente.

1000130563

1000130565

1000130564

Descargar PDF

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.