
O presidente da CHMS e o alcalde de Láncara visitan a nova ponte sobre o río Sarria, executado polo organismo de conca
- Detalles
- Martes, 04 Marzo 2025

-
A nova infraestrutura cumpre todos os requisitos establecidos no Plan hidrolóxico vixente, maior sección e anchura e, por tanto, maior capacidade de desaugadoiro.
-
Dispón dunha luz de 47m. con dous carrís de circulación de 3m de anchura cada un e beirarrúa de 2m.
- Estas actuacións supuxeron un investimento de 650.000 euros.
José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e o alcalde do municipio lucense de Láncara, Darío Piñeiro, visitan a nova ponte sobre o río Sarria no núcleo de Supena, executado polo organismo de conca.
En Supena, termo municipal de Láncara (Lugo), existía unha ponte sobre o río Sarria que presentaba un deficiente estado de conservación, perigando incluso a súa estabilidade estrutural.
Para a execución das obras foi precisa a formalización dun convenio interadministrativo entre a CHMS e o Concello de Láncara que posibilitou a redacción do proxecto e as actuacións de demolición da infraestrutura antiga, así como a construción da nova.
Nova infraestrutura
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil procedeu á demolición da antiga ponte e á construción dunha nova obra de paso na mesma localización do existente que, cumprindo todos os requisitos establecidos no Plan hidrolóxico vixente, ten maior sección e anchura e, por tanto, maior capacidade de desaugadoiro; facilitando ademais a circulación de vehículos na zona.
A nova ponte dispón dunha luz total de 47 metros, repartidos en tres vans isostáticos de 11, 25 e 11 m respectivamente, e unha anchura de taboleiro de 9 m, que aloxa dous carrís de circulación de 3 m de anchura cada un e unha beirarrúa de 2 m.
Estas actuacións supuxeron un investimento de máis de 650.000 euros.
“Estamos ante un exemplo máis de que a colaboración este Administracións é a clave para executar proxectos importantes que melloren a calidade de vida dos veciños, neste caso concreto, melloran as comunicacións por estrada entre núcleos limítrofes” explicou o presidente. Pola súa banda, o alcalde agradeceu ao presidente a súa empatía, predisposición e présa á hora de redactar o convenio e de proceder á licitación das obras, que supoñen unhas actuacións fundamentais para os/as veciños/as do municipio.