• imprimir

A CHMS executa labores de mantemento e conservación nos ríos Bidueiro e Airoa, ao seu paso polos municipios ourensáns de Rairiz de Veiga e Os Blancos

La CHMS ejecuta labores de mantenimiento y conservación en los ríos Bidueiro y Airoa, a su paso por los municipios ourensanos de Rairiz de Veiga y Os Blancos
  • Actuacións encamiñadas a manter e mellorar as funcionalidades hidráulicas dos leitos
  • O investimento estimado superará os 75.000 euros

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, continúa os traballos de conservación e mellora dos ríos da demarcación.

Na provincia de Ourense, esta semana, 2 brigadas compostas por 5 operarios especializados cada unha, traballan o municipio de Rairiz de Veiga, nun tramo que abarca máis de 6 km do río Bidueiro; e nos Blancos, en 2,2 km do río Airoa.

Actuacións que melloran a capacidade hidráulica de ambos os leitos e que consisten na retirada de árbores secas, en pé e derrubados e na eliminación de tapóns que puidesen obstaculizar o paso de auga.

No caso concreto do río Bidueiro retíranse as árbores secas en pé con risco de caída sobre a zona de servidume, dominio público hidráulico e leiras particulares; non se realizan rozas, salvo que sexa estritamente necesario para acceder a algún exemplar cuxa retirada sexa imprescindible, nese caso realizaríase sempre tendo en conta que se trata dun espazo natural protexido.

No río Airoa retíranse as árbores tombadas sobre dominio público hidráulico e zona de servidume que obstaculizan e diminúen a capacidade de desaugadoiro do leito.

É importante destacar que no caso de curtas de amieiros, aplícanse as medidas ou recomendacións profilácticas co obxecto de evitar a propagación de Phytophthora alni.

O investimento estimado á finalización dos traballos nos leitos enumerados superará os 75.000 euros.

11022025 Foto2

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.