• imprimir

CHMS e Concello de Carballeda de Avia investirán máis de 525.000€ en mellorar o sistema de saneamento do municipio

CHMS y Concello de Carballeda de Avia invertirán más de 525.000€ en mejorar el sistema de saneamiento del municipio
  • Formalízase o compromiso de colaboración da CHMS cos municipios desta demarcación, en aras de avanzar na conservación e mellora do medio ambiente, para conseguir un desenvolvemento máis sostible”, concluíu o presidente do organismo de conca
  • CHMS achegará o 95% e o Concello o 5% restante

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e o alcalde de Carballeda de Avia (Ourense), Luis Milia, rubricaron o Convenio que posibilitará as obras de mellora do saneamento e depuración no municipio.

O presente convenio ten por obxecto determinar as condicións de colaboración para o financiamento e execución das obras, establecendo o réxime da posterior entrega das mesmas para o seu mantemento e conservación” explicou o presidente

Problemática

Actualmente hai tramos das infraestruturas municipais de saneamento nos núcleos de Abelenda, Carballeda e Vilar de Condes que pola súa antigüidade atópanse moi deterioradas producíndose constantes alivios polos pozos de rexistro en épocas de choiva.

Actuacións previstas

Para solucionar a problemática existente proxectáronse as actuacións que a continuación se relacionan e que atenuarán seguintes actuacións:

No núcleo de Abelenda renovaranse aproximadamente 250 metros da rede municipal de saneamento, e construirase unha nova captación de auga no río de Gateira.

En Carballeda procederase á renovación de 530 metros da rede municipal de saneamento, así como, á demolición e retirada da tubaxe de saneamento e pozos fóra de servizo na marxe dereita do río Maquiáns e construirase unha nova estación de bombeo de augas residuais.

Así mesmo, no núcleo de Vilar de Condes renovarase un tramo de aproximadamente 410 metros da rede municipal de saneamento.

O investimento total necesario para estas actuacións estímase en 525.000€, cunha achega do 95% por parte da CHMS e o 5% restante polo Concello de Carballeda de Avia.

Formalízase o compromiso de colaboración da CHMS cos municipios desta demarcación, en aras de avanzar na conservación e mellora do medio ambiente, para conseguir un desenvolvemento máis sostible”, concluíu o presidente do organismo de conca.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.