• imprimir

CHMS e Concello de Parada de Sil investirán máis de 1.000.000€ en mellorar o sistema de saneamento do municipio

CHMS y Concello de Parada de Sil invertirán más de 1.000.000€ en mejorar el sistema de saneamiento del municipio
  • “O obxectivo da actuación é a construción dunha nova EDAR para o núcleo de Parada de Sil con capacidade para 500 habitantes equivalentes” explicou o presidente
  • CHMS achegará o 80% e o Concello o 20% restante

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e o alcalde de Parada de Sil (Ourense), Aquilino Domínguez, rubricaron esta mañá o Convenio de colaboración que posibilitará a construccion dunha nova EDAR para a capitalidade de Parada de Sil (Ourense).

Problemática actual

O núcleo de Parada de Sil, capitalidade do Concello, dispón de rede de saneamento, pero os elementos existentes para a depuración de augas residuais están obsoletos, son ineficaces e non realizan correctamente a súa función. Ademais, o emisario ten a súa saída sobre leiras privadas e non existe ningún tipo de pretratamiento nin arqueta de control de verteduras.

Obxectivo do Convenio

O obxectivo da actuación é a construción dunha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) para o núcleo de Parada de Sil, termo municipal de Parada de Sil (Ourense), con capacidade para 500 habitantes equivalentes.

Esta nova EDAR estará dotada dos equipos necesarios para a correcta depuración das augas residuais cumprindo os parámetros do Plan Hidrolóxico vixente. Dada a ausencia de leito que poida recibir as augas tratadas proxectarase unha plataforma con gabias drenantes. Incluirase tamén a demolición da fosa existente.

O investimento total necesario para a actuación estimouse en 1.000.000,00 €, que serán sufragados nun 80% pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e o 20% restante polo Concello.

“A colaboración entre Administracións é clave para avanzar en proxectos que melloren e preserven o medio ambiente, para un desenvolvemento máis sostible”, concluíu o presidente.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.