• imprimir

A CHMS conmemora o día da Educación Ambiental cos escolares do CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey de Pereiro de Aguiar (Ourense)

La CHMS conmemora el día de la Educacion Ambiental con los escolares del CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey de Pereiro de Aguiar (Ourense)
  • Enmarcado no proxecto “Gústame O meu Río, ensíname a coidalo” o presidente da CHMS visitou un dos talleres de investigación desenvoltos neste centro educativo
  • O obxectivo é fomentar o coidado e respecto pola auga e a súa importancia para a vida
  • Á parte dos retos do propio taller, o presidente entregou a cada escolar un lapis que contén sementes nunha cápsula biodegradable, para a súa plantación en maceta co compromiso individual do seu coidado e responsabilidade

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, MITECO, pon en valor a educación ambiental como proceso educativo que busca crear conciencia e promover coñecementos, habilidades, actitudes e valores necesarios para o coidado do medio ambiente.

Hoxe 50 escolares CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey de Pereiro de Aguiar(Ourense) acompañados polo director e varios profesores/as, recibiron a visita do presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, quen lles agradeceu a súa participación e implicación no proxecto “Gústame o meu río, ensíname a coidalo” que xa vai pola sétima edición.

A CHMS organizou un taller “especial” para conmemorou o Dia Mundial da Educación Ambiental que se celebra os 26 de xaneiro de cada ano.

Neste taller, ademais de repasar o aprendido na primeira visita ao río, os nenos e nenas descubriron o concepto de Pegada Hídrica e puideron calcular a media da pegada hídrica da aula, sorprendéndose da gran cantidade de auga anual que necesitamos para manter o noso estilo de vida, ao redor duns 700.000 litros anuais.

Posteriormente continuaron investigando sobre a importancia de aforrar auga. Para iso cada equipo dividiuse: uns compoñentes convertéronse en “científicos de campo” e outros en “científicos de laboratorio”.

Aos científicos de campo encomendóuselles a misión de realizar unha ecoauditoría escolar sobre o uso das billas e cisternas do colexio.

Armados cos seus lapis e formularios de notas investigaron para pescudar canta auga gástase cada vez que accionan unha billa e canta cando accionan as cisternas, ou se hai perdas en ambos. Os datos obtidos levaron á reflexión do importante que é ter un comportamento coidadoso e responsable destas instalacións.

Á parte dos retos do propio taller, o presidente entregou a cada escolar un lapis que contén sementes nunha cápsula biodegradable, para a súa plantación en maceta co compromiso individual do seu coidado e responsabilidade.

Desde a CHMS apostamos pola educación ambiental para conseguir que, desde pequenos, tomemos conciencia de que a auga é necesaria e limitada; e por iso habemos de asumir a responsabilidade individual na conservación e coidado dos ríos, valorando o recurso como factor crave no sustento dos ecosistemas naturais” ha explicado Quiroga.

Baixo o lema “Coñecer para valorar” é o impulso que nos move para fomentar estas actividades educativas que nos axudan a avanzar cara a un desenvolvemento máis sostible, concluíu José Antonio Quiroga, presidente da CHMS.

2025 01 27 1

2025 01 27 2

2025 01 27 3

2025 01 27 4

Descargar PDF

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.