• imprimir

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ampla a Rede SAIH cunha nova estación no municipio lucense de Friol

SAIH FRIOL
          • As estacións SAIH proporcionan datos, cada 5 minutos, ao Centro de Control de conca (CECU), o que facilita a toma de decisións #ante situacións de risco
          • O investimento previsto ascende a 54.242€, sufragados 40.681€ a través do proxecto europeo POCTEP RISC_PLUS

No seu esforzo por mellorar a xestión e control dos recursos hídricos, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), dá un paso máis coa construción dunha nova estación do Sistema Automático de Información Hidrolóxica (SAIH) no río Narla, ao seu paso polo municipio lucense de Friol.

Cun investimento de máis de 54.000 euros, a construción desta nova estación permitirá rexistrar e transmitir en tempo real datos hidrometeorológicos esenciais para a súa explotación e análise no Centro de Control de conca (CECU).

Estas accións non só buscan mellorar a capacidade de resposta fronte a emerxencias, senón tamén optimizar o uso sostible da auga para minimizar o impacto no cambio climático e previr fenómenos meteorolóxicos extremos.

POCTEP RISC_PLUS, un proxecto cofinanciado por FEDER

As accións realizadas baixo o proxecto POCTEP RISC_PLUS están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg VIN A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027, que promove proxectos de cooperación transfronteiriza co apoio da Unión Europea.O investimento previsto ascende a 54.242€, sufragados 40.681€ a través do proxecto europeo POCTEP RISC_PLUS

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.