• imprimir

A CHMS inicia traballos de conservación no río Cúa, ao seu paso polo municipio leonés de Carracedelo

La CHMS inicia trabajos de conservación en el río Cúa, a su paso por el municipio leonés de Carracedelo
  • “Intervencións que teñen como obxectivo mellorar a capacidade hidráulica do leito, evitar inundacións e problemas nas infraestruturas de paso e manter a composición da vexetación de ribeira” explicou José Antonio Quiroga, presidente da CHMS
  • O investimento inicial previsto supera os 6.000 euros

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, intensifica os traballos de conservación e mellora dos leitos da provincia de León; mañá, unha brigada, composta por 5 operarios especializados, iniciará actuacións no río do Cúa en Carracedelo (León); traballos que se estenderán ao longo da próxima semana.

Inspeccións previas

O río Cua, no tramo situado nas inmediacións da localidade de Carracedelo, presenta acumulación de depósitos de acarreos, que dificulta o correcto circular da auga polo leito principal, derivándose cara a brazos secundarios.

Traballos previstos

Realizarase unha intervención ao longo de 525 m. co obxectivo de mellorar a capacidade hidráulica do leito, para iso, procederase á colocación dun dique no leito do río, a modo de travesas que freen a erosión provocada polas augas, realizarase o taponamento parcial con pedra do brazo secundario, para limitar o caudal circulante, así como, o estendido de áridos para facilitar o tránsito das augas polo leito principal.

Estas actuacións completaranse coa extracción de tapóns illados ao longo do tramo, retirada de árbores secas, enfermos ou en perigo de caída.

“Intervencións que teñen como obxectivo mellorar a capacidade hidráulica do leito, evitar inundacións e problemas nas infraestruturas de paso, manter a composición da vexetación de ribeira” explicou José Antonio Quiroga, presidente da CHMS

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.