• imprimir

A CHMS inicia o proxecto de rehabilitación de Acea de Olga co complexo e minucioso traslado das náyades augas abaixo da zona de obras

La CHMS inicia el proyecto de rehabilitación de Aceña de Olga con el complejo y minucioso traslado de las náyades aguas abajo de la zona de obras

• O informe previo ha identificado dúas especies que han de ser trasladadas: Potomida littoralis e Unio delphinus.
• A poboación afectada de forma directa e indirecta polas obras incluiría ata un total de entre 7.500 e 15.600 exemplares.
• Serán recolleitos, un por un, marcados e trasladados a outros tramos do Miño
• O investimento total necesario para estas actuacións de reconstrución do caneiro e do traslado previo dos bivalvos supera os 697.000 euros

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, unha vez confirmadas as idóneas condicións, comezou na contorna de Acea de Olga os traballos previos á rehabilitación da Acea de Olga, no río Miño ao seu paso pola cidade de Lugo.

De forma paralela ao traslado previsto das especies afectadas iniciaranse os traballos de reparación que, estruturados en tres fases, desenvolveranse ata o próximo mes de outubro.

"Trátase dun procedemento pioneiro en España", explicou José Antonio Quiroga, presidente da CHMS, quen destacou que non existe ningún traballo tan exhaustivo como o que se está realizando nesta fase previa aos proxectos de rehabilitación do represa e Muíño de Olga, subliñando que permitirá caracterizar en gran detalle os ecosistemas fluviais das especies afectadas. "Esta é unha obra moi importante para a CHMS, para a cidadanía de Lugo e para os visitantes", incidiu.

Un desafío técnico que inclúe un traslado sistemático e preciso de especies

Os datos obtidos polo equipo científico do proxecto avaliaron que a poboación afectada de forma directa e indirecta polas obras incluirían ata un total de entre 7.500 e 15.600 exemplares: de forma concreta, entre 4.400 e 9.100 exemplares de P. littoralis e entre 3.100 e 6.500 de U. delphinus.

Mergulladores con visores subacuáticos son os encargados de realizar o traballo de localización das náyades nas zonas afectadas. A través de técnicas de mergullo non autónomo recollen, un por un, os exemplares de forma manual. Estes son mantidos en recipientes isotermos cubertos por auga ata o seu traslado, realizado en todos os casos durante o mesmo día en que son colleitados.

As especies trasládanse en lotes separados (de 500 exemplares de P. littoralis e 250 de U. delphinus). Augas abaixo seleccionáronse un total de 12 tramos idóneos, onde os técnicos depositarán os diferentes lotes recolleitos. Para cada un deses espazos calculouse a súa capacidade máxima de acollida de especies, límite que nunca se superará.
"Os mergulladores irán colleitando todos os exemplares que se vaian detectando, de forma individualizada, para logo marcalos, caracterizalos e separalos por especies. Aquí temos dúas especies que son vulnerables, Potomida littoralis e Unio delphinus", indicou Alberto de Anta, comisario adxunto da CHMS e director das obras; "son especies que filtran a auga, que van retirando ou asimilando certos contaminantes que pode haber e que teñen unha función moi importante para o ecosistema", explicou.

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.