
A CHMS investiu 105.000euros na mellora da capacidade hidráulica do río Saa, ao seu paso polo municipio lucense de Pobra do Brollón
- Detalles
- Xoves, 16 Maio 2024

- Retiráronse as árbores secas, enfermas ou en perigo de caída, ao longo de 7 km de leito, incidindo nas zonas máis próximas a infraestruturas de paso
- Estas actuacións, cuxa duración se prolongou de xaneiro a maio, foron realizadas por unha brigada composta por 5 operarios especializados con apoio de maquinaria para accións puntuais
- Traballos que forman parte da programación anual de conservación e limpeza de leitos que, para a provincia de Lugo, o investimento previsto ascende a 1,1 mill/€
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, investiu máis de 105.000 euros na mellora da capacidade de desaugadoiro do río Saa, no municipio lucense de Pobra do Brollón.
Na inspección previa realizada observouse a necesidade de mellorar, tanto a capacidade hidráulica do leito como a composición da vexetación de ribeira, ademais de detectar gran cantidade de madeiras inertes e tapóns illados.
Para solucionalo, procedeuse á retirada de árbores secas, enfermos ou con estabilidade comprometida que presentaban perigo de caída ao leito e que poderían afectar a infraestruturas próximas. Tamén se realizaron rozas selectivas de matogueira perimetral, poda e clarexo de ramas baixas e curta sanitaria de pés secos para evitar tapóns.
A intervención de natureza puntual e selectiva, executouse ao longo de 6800m por unha brigada composta por 5 operarios especializados con apoio de maquinaria para accións puntuais fose do leito.
No caso de curtas de amieiros, aplicáronse as medidas ou recomendacións profilácticas co obxecto de evitar a propagación de Phytophthora alni.
Estas actuacións forman parte da programación anual de conservación e limpeza de leitos para a provincia de Lugo cuxa previsión para 2024 ascende a 1,1 millóns de euros.