• imprimir

A CHMS conmemora o Día Mundial da auga co alumnado do CEIP Infante de Borbón de Salvaterra de Miño

La CHMS conmemora el Día Mundial del Agua con el alumnado del CEIP Infante de Borbón de Salvaterra de Miño
  • Baixo o lema “Auga para a paz” valorízase a cooperación en materia de auga, un recurso finito e fundamental para a supervivencia
  • José Antonio Quiroga celebrou este día cun grupo alumnos e alumnas participan nas actividades de educación ambiental “Gústame O Meu Río”,” deseñado pola CHMS e no que cada ano, desde 2018, participan ao redor de 300 escolares
  • Proxecto que ten como obxectivo valorizar o coidado e respecto pola auga

Esta mañá os alumnos e alumnas do CEIP Infante de Borbón de Salvaterra de Miño participaron activamente no conxunto de actividades programadas pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do MITECO, para conmemorar o Día Mundial da Auga.

O presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, acudiu á carpa situada nas ribeiras do río Tea en Ponte do Cordeiro (Salvaterra de Miño) onde comprobou “in situ” o desenvolvemento das mesas de traballo, sendo testemuña do respecto que mostran as novas xeracións polo medio ambiente, o aforro de auga e o desenvolvemento sostible. Neste acto estivo acompañado pola alcaldesa desta localidade pontevedresa, Marta Valcarcel, que valorou moi positivamente estas actividades e agradeceu a elección deste centro escolar do seu Concello.

“Auga para a paz” é lema elixido por Nacións Unidas para conmemorar o Día Mundial da Auga 2024, sendo importante destacar que esta celebración anual naceu en 1993 co fin de destacar a importancia da auga doce e avogar pola xestión sostible dos recursos hídricos, co obxectivo de xerar conciencia sobre os desafíos e oportunidades asociados con este recurso vital.

Desenvolvemento das actividades

Os escolares aprenderon acerca da celebración do Día da Auga, do coidado do medio ambiente e da importancia dos pequenos xestos diarios. “Formades parte dunha nova xeración que aprende e valoriza a riqueza natural da contorna e a necesidade de conservalo”, lembroulles e agradeceulles Quiroga.

Estas actividades están enmarcadas dentro do proxecto “Gústame o Meu Río: ensíname a coidalo”, deseñado pola CHMS e no que cada ano participan ao redor de 300 escolares.

Nas distintas mesas de traballo comprobouse o estado do río Tea, a presenza de macro-invertebrados acuáticos, bosque de ribeira, vertebrados asociados ao río, calidade da auga, temperatura, ph, entre outros parámetros; ademais, reforzáronse pautas de bo uso do recurso para transmitir ás súas familias; e, por último, colocouse unha caixa niño para aves, co obxectivo de responsabilizar aos pequenos do seu coidado, protección e vixilancia nas súas visitas a este río.

“Desde a CHMS consideramos necesario que os máis pequenos comprendan que a auga e os ecosistemas fluviais son limitados e que temos que asumir a responsabilidade e o papel do ser humano na conservación dos mesmos” explicou Quiroga.

Por último, lanzou unha mensaxe ao alumnado sobre a aprendizaxe e a concienciación do uso da auga "é un recurso fundamental e escaso que debedes de coidar, porque sen auga non hai vida; isto é o que debedes de transmitir desde o voso papel de expertos coidadores de ríos" concluíu.

20240322 Foto1

20240322 Foto3

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.