• imprimir

A CHMS mellorará o saneamento do municipio lucense de Ribas de Sil

La CHMS mejorará el saneamiento del municipio lucense de Ribas de Sil
  • Procederase á construción dunha depuradora para o núcleo de San Pedro, que conta na actualidade cunha fosa séptica, construída hai máis de 40 anos, e en moi mal estado
  • O conxunto de actuacións necesarias requirirán dun investimento de 162.000 €

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Miguel Ángel Sotuela, alcalde do municipio lucense de Ribas de Sil, rubricaron hoxe o Convenio que establece o marco de colaboración, para o financiamento, disposición de terreos, execución e entrega das actuacións do “Proxecto de construción dunha depuradora de augas residuais no núcleo de San Pedro”.

Na actualidade, no núcleo de San Pedro existe unha fosa séptica construída hai máis de 40 anos e dimensionada para uns 100 habitantes equivalentes que se sitúa na marxe esquerda do río Sil e que se atopa en moi mal estado de conservación.

O novo proxecto consistirá na construción de nova estación depuradora de augas residuais, con capacidade para unha poboación estimada futura de 150 habitantes equivalentes, e que se conectará á rede de colectores existente.

“En aras da colaboración entre administracións buscamos unha opción que dará solución ás verteduras que se están producindo no río Sil que minguan a calidade das augas e imposibilitan o uso e goce do río para a poboación” explicou o presidente.

O conxunto de actuacións descritas requirirán dun investimento de 162.000 euros, sufragados en porcentaxe 80/20 entre a CHMS e o Concello, respectivamente.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.