• imprimir

A CHMS e o Concello de Quiroga estudan a posta en valor do patrimonio de Montefurado

La CHMS y el Concello de Quiroga estudian la puesta en valor del patrimonio de Montefurado
  • Acordouse a redacción dun Convenio entre ambas as Administracións que posibilite o financiamento e execución das obras e o réxime de entrega das mesmas para o seu mantemento e conservación pola administración local
  • “O que conseguiremos é rescatar do esquecemento o túnel romano e o meandro seco do Sil para uso, goce e divulgación dos valores ambientais, arqueolóxicos e paisaxísticos desta zona da Ribeira Sacra”, explicou Quiroga

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, mantivo unha reunión co alcalde e o tenente de alcalde de Quiroga, José Luis Rivera e Vicente Parra, respectivamente, na que se abordaron “in situ” as accións necesarias para acondicionar, divulgar e valorizar o túnel e o meandro seco do Sil en Montefurado.

No encontro acordouse a redacción dun Convenio entre ambas as Administracións que posibilite as actuacións, este documento establecerá as condicións de colaboración para o financiamento e execución das obras e o réxime de entrega das mesmas para o seu mantemento e conservación pola administración local.

O obxectivo é acondicionar para uso público e poñer en valor a explotación aurífera romana na que se atopa o túnel de Montefurado, a través da instalación de diferentes recursos interpretativos, ademais de mellorar o percorrido polo meandro seco do Sil.

“O que conseguiremos é rescatar do esquecemento e poñer en valor o túnel romano e o meandro seco para uso, goce e divulgación dos valores ambientais, arqueolóxicos e paisaxísticos desta zona da Ribeira Sacra”, explicou Quiroga

“É importante lembrar que no ano 2019 os concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel foron declarados como Xeoparque Mundial da UNESCO pola súa riqueza en formacións xeolóxicas e polo patrimonio mineiro romano presente nestes concellos, destacando a explotación de Montefurado” concluíu o presidente.

06102023 Foto1

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.