• imprimir

A CHMS traballa na limpeza e conservación do río Asma ao seu paso polo municipio lucense de Chantada

La CHMS trabaja en la limpieza y conservación del río Asma a su paso por municipio lucense de Chantada
  • O obxectivo é mellorar a capacidade de desaugadoiro e a conectividade lonxitudinal de 1,6 km de leito urbano para evitar inundacións e enchentes
  • O investimento estimado supera os 24.000 euros
  • “É importante lembrar que a limpeza de tramos urbanos é unha responsabilidade da Administración competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo, é dicir, competencia municipal” explicou Quiroga

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, traballa na limpeza do leito e marxes do río Asma ao seu paso polo municipio lucense de Chantada. Acondicionaranse 1,6 km de leito urbano para evitar inundacións e enchentes e investiranse máis de 24.000 euros.

Na inspección previa observouse a necesidade de mellorar a capacidade hidráulica do leito e a composición da vexetación de ribeira, ademais, de presenza abundante de madeira e tapóns illados ao longo de todo o tramo urbano.

Para iso procederase á retirada de árbores secas, enfermas ou con estabilidade comprometida que presentan perigo de caída ao leito e poden afectar a infraestruturas próximas. Tamén se realizarán rozas selectivas da vexetación de ribeira retiraranse os residuos sólidos urbanos presentes no leito.

Os traballos execútanse de forma manual no leito e con apoio de maquinaria desde fóra do leito utilizando cabrestante desde un punto fixo situado na beira.

No caso de curtas de amieiros, aplícanse as medidas ou recomendacións profilácticas co obxecto de evitar a propagación de Phytophthora alni.

“É necesario lembrar que a CHMS colabora cos Concellos que o solicitan, aínda que, é importante lembrar que a limpeza de tramos urbanos é unha responsabilidade da Administración competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo, é dicir, competencia municipal” explicou Quiroga.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.