• imprimir

O presidente da CHMS e a alcaldesa de Vilalba visitan as obras de saneamento e depuración que o organismo de conca está a finalizar no municipio

El presidente de la CHMS y la alcaldesa de Vilalba visitan las obras de saneamiento y depuración que el organismo de cuenca está finalizando en el municipio
  • Neste momento trabállase na electrificación de equipos, urbanización de exteriores, peche do edificio de pretratamento, portas e acabados interiores e de fachada
  • “Con estas actuacións limitaranse tanto o número como o volume de verteduras sen tratamento adecuado ao rio Madalena e darase servizo a 10.000 habitantes/equivalentes” explicou o presidente

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Elba Veleiro, alcaldesa de Vilalba, visitaron esta mañá as obras de mellora de saneamento e depuración do municipio, nas que o investimento final superará os 1.500.000 euros.

“Con estas actuacións limitaranse tanto o número como o volume de verteduras sen tratamento adecuado ao rio Madalena e darase servizo a 10.000 habitantes/equivalentes” explicou o presidente

Para a consecución deste obxectivo, a CHMS proxectou 2 actuacións, que finalizarán durante a primeira quincena de outubro e que consistiron na ampliación do pretratamento da EDAR mediante a instalación de dúas unidades de pretratamento compactas con funcións de desbaste, desareado e desengraxado e con capacidade cada unha de 100 l/seg., para dar cumprimento ao previsto no Plan Hidrolóxico do Miño-Sil que esixe unha capacidade mínima de 20 l/seg por cada 1000 habitantes equivalentes.

Ademais, procedeuse á construción dun tanque de tormentas para laminación e regulación dos caudais de entrada á EDAR en tempo de choiva, antes do pretratamento, e con capacidade de retención de 1000 m3.

Nestes momentos, cando case a totalidade da obra civil e a instalación de equipos electromecánicos esta rematada, os traballos están centrados na electrificación de equipos, a urbanización das zonas afectadas polos traballos e no peche do edificio de pretratamento mediante instalación da súa cuberta, as portas de acceso e demais acabados interiores e de fachada.

20092023 Foto1

20092023 Foto2

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.