• imprimir

A CHMS mellorará a contorna, a accesibilidade e o patrimonio etnográfico do rio Caselas no municipio pontevedrés de Tui

La CHMS mejorará el entorno, la accesibilidad y el patrimonio etnográfico del rio Caselas en el municipio pontevedrés de Tui
  • “Este organismo colabora cos concellos na recuperación do patrimonio natural e etnográfico presente na demarcación co ánimo de poñer en valor os ríos e a súa contorna para o uso e goce da cidadanía” explicou Quiroga
  • Procederase á restauración e posta en valor dos muíños Do Medio, en O Souto de Arriba, e do Muiño da Seña
  • Executarase unha senda peonil paralela ao río Caselas, pola súa marxe dereita, ao longo do municipio

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, acorda co Concello de Tui as actuacións de mellora da contorna, da accesibilidade e do patrimonio etnográfico do rio Caselas no municipio pontevedrés de Tui, nas que se investirán máis de 935.000 euros, cofinanciado entre ambas as Administracións en porcentaxe 80% CHMS e o 20% restante polo Concello de Tui.

O proxecto

Procederase á execución dunha senda peonil paralela ao río Caselas pola súa marxe dereita, ao longo do termo municipal de Tui, para mellorar a accesibilidade e recuperar ambientalmente a contorna.

Por outra banda, as obras de restauración e posta en valor dos muíños consistirán no acondicionamento das estruturas do Muiño do Medio en O Souto de Arriba e do Muiño da Seña. Para iso, realizaranse actuacións de limpeza, estabilización e consolidación de paramentos e cubertas, así como o acondicionamento das zonas exteriores e creación de elementos de interpretación e posta en valor deste patrimonio. Por outra banda, na contorna do antigo acueduto crearanse elementos de interpretación e posta en valor da infraestrutura.

“Este organismo colabora cos concellos na recuperación do patrimonio natural e etnográfico presente na demarcación co ánimo de poñer en valor os ríos e a súa contorna para o uso e goce da cidadanía” explicou Quiroga

“Queremos agradecer desde o Concello de Tui a predisposición da CHMS en prestar apoio aos concellos que solicitamos actuacións de mellora de espazos de lecer e saúde moi demandados por veciños e visitantes e que, ademais, contribúen a valorizar e a conservar a riqueza fluvial e o patrimonio etnográfico da zona” engadiu Ana María Núñez, Tenente de alcalde de Tui.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.