• imprimir

A CHMS acorda coa USC a cesión do Muiño de Olga como punto de divulgación científica

La CHMS acuerda con la USC la cesión del Muiño de Olga como punto de divulgación científica
  • A CHMS executará as obras de adaptación das instalacións actuais, actuacións nas que investirá preto de 900.000 euros
  • A USC dará un uso divulgativo a esta instalación para dedicalo principalmente a temas relacionados coa hidroloxía, xestión de recursos do río, ecosistemas fluviais ou etnografía
  • “Establécese o marco de colaboración que permite dotar de contido ao Muiño de Olga, valorizando ríos e as infraestruturas fluviais tradicionais presentes, sobre todo, na parte lucense da demarcación do Miño-Sil” explicou Quiroga

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Antonio López, reitor da Universidade de Santiago de Compostela, rubrican o acordo que posibilite a cesión do uso do “Muiño de Olga”, propiedade da CHMS, en favor da USC, co interese de poñer en valor e potenciar o coñecemento dos ríos e das infraestruturas hidráulicas asociadas á auga desde a antigüidade. Neste acto, realizado nas instalacións do muíño, estiveron acompañados polo tenente de alcalde do Concello de Lugo, Miguel Fernández.

A CHMS executará as obras necesarias para conseguir a adecuada finalidade do edificio, eliminando os feísmos desta contorna tan privilexiada ao bordo do río Miño, á beira da Acea de Olga e situado nun municipio tan arraigado á historia e ao patrimonio fluvial.

Pola súa banda, a USC dotará de contido esta infraestrutura para o seu uso como punto de divulgación científica e de transferencia de coñecemento. “Hai que lembrar que as Universidades teñen entre as súas funcións, a difusión, a valorización e a transferencia do coñecemento ao servizo da cultura, da calidade de vida e do desenvolvemento económico e social, polo que consideramos que esta cesión terá un uso adecuado de difusión da cultura tradicional, da historia e do valioso patrimonio etnográfica co que conta a nosa Comunidade Autónoma” incidiu o presidente.

“Establécese o marco de colaboración que permite dotar de contido ao Muiño de Olga, valorizando ríos e as infraestruturas fluviais tradicionais presentes, sobre todo, na parte lucense da demarcación do Miño-Sil” explicou Quiroga

“O acordo contén o compromiso de destinar a devandita instalación a actividades de divulgación dos equipos docentes e grupos de investigación vinculados sobre todo ao Campus Terra da USC, especialmente os dedicados a hidroloxía, xestión dos recursos fluviais, flora e fauna acuáticas, construcións tradicionais ou etnografía” engadiu o reitor.

O proxecto construtivo contempla, ademais da rehabilitación do Muiño de Olga, a demolición de elementos anexos e a adecuación da contorna para evitar o impacto paisaxístico. Por outra banda, unha vez asinado este acordo e como apéndice ao proxecto, as partes reuniranse para deseñar as características e peculiaridades que o adecuen ás necesidades da Universidade, para ser incorporadas ao proxecto orixe e proceder á súa licitación.

O investimento estimado do proxecto construtivo ascende a 900.000 €, que serán sufragados pola CHMS na súa totalidade.

31072023 Foto1

31072023 Foto2

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.