• imprimir

A CHMS substituirá a ponte sobre o río Sarria no núcleo de Supena, situado no municipio lucense de Láncara

La CHMS sustituirá el puente sobre el río Sarria en el núcleo de Supena, ubicado en el municipio lucense de Láncara
  • O investimento estimado supera os 750.000 euros, sufragados nun 80% polo Organismo de conca e o 20% restante polo concello
  • As obras contemplan a demolición completa da estrutura existente e a construción dunha nova ponte de dous carrís, mantendo a localización para conservar a integración coa rede viaria
  • A nova infraestrutura, que mellorará a comunicación de máis de 200 veciños dos núcleos de Ronfe e Pousadela, cumprirá os requisitos establecidos no Plan hidrolóxico, ao deseñalo con maior sección e anchura

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Darío Antonio Piñeiro, Alcalde de Láncara, rubricaron o Convenio que establece o marco de colaboración, para o financiamento, execución e entrega das “Obras de substitución da ponte sobre o río Sarria no núcleo de Supena”.

Tal e como xa se explicou no acto de firma do protocolo de compromiso, rubricado o pasado 3 de febreiro e que se consolida hoxe, existe unha ponte sobre o río Sarria que presenta un deficiente estado de conservación, resultando necesaria unha reparación da infraestrutura.

Tendo en conta que se trata dunha ponte de calzada única, cuxa sección actual non ten a capacidade suficiente para desaugar a avenida para un período de retorno de 100 anos, considérase necesaria unha renovación profunda da infraestrutura para que poida cumprir cos parámetros establecidos no Plan Hidrolóxico.

O proxecto

As obras consistirán na demolición completa (taboleiro, pilas e estribos) da estrutura existente na actualidade, e a construción dunha nova ponte de dous carrís mantendo a localización da existente para conservar a integración coa rede viaria. Incluirase a impermeabilización e reposición de capa de rodadura no taboleiro da nova ponte e as conexións da nova estrutura, cos viais existentes en ambas as marxes do río Sarria.

A nova infraestrutura, que mellorará a comunicación de máis de 200 veciños dos núcleos de Ronfe e Pousadela, cumprirá os requisitos establecidos no Plan hidrolóxico, ao deseñalo con maior sección e anchura

O investimento necesario para a actuación estímase en 750.000 €, sufragados nun 80% polo Organismo de conca e o 20% restante polo concello de Láncara.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.