• imprimir

A CHMS investirá 2.5 mill/€ en mellorar o sistema de saneamento de Guitiriz (Lugo)

La CHMS invertirá 2.5 mill/€ en mejorar el sistema de saneamiento de Guitiriz (Lugo)
  • Un colector en moi mal estado provoca entrada de auga limpa á rede saneamento e dificulta o funcionamento óptimo da EDAR

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Marisol Morandeira, alcaldesa do municipio lucense de Guitiriz, rubricaron o Protocolo que establece o marco de colaboración, para o financiamento, disposición de terreos, execución e entrega das actuacións do “Proxecto de renovación do colector paralelo á via do ferrocarril en Guitiriz”.

Na actualidade o colector interceptor da rede de saneamento, paralelo á vía de ferrocarril, atópase actualmente en moi mal estado de conservación e supón unha importante entrada de auga limpa á rede saneamento que chega ata a depuradora, o que impide o funcionamento adecuado do sistema de depuración.

No ano 2020 este colector foi inspeccionado con cámara de vídeo, detectándose importantes infiltracións de augas, a inviabilidade da súa reparación e a necesidade de executar un novo.

En aras da colaboración entre administracións, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil cofinanciará as actuacións necesarias para a construción do novo colector, paralelo á vía do ferrocarril, que comezará nas proximidades do apeadeiro ata a entrada da EDAR, cunha lonxitude aproximada de 1500 metros.

Estas actuacións, que supoñen un investimento de 2.500.000 euros, mellorarán a calidade das augas e dos ecosistemas fluviais afectados polas deficiencias do saneamento actual.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.