
Febreiro, un mes moi seco e normal en canto a temperaturas
- Detalles
- Martes, 07 Marzo 2023

- As precipitacións tan só alcanzaron a terceira parte do seu valor normal. Cinco do últimos seis febreiros foron moi secos
- O mes foi moi frío no que se refire a temperaturas nocturnas, aínda que as diúrnas presentaron un carácter cálido
Febreiro de 2023 tivo un carácter moi seco en canto a precipitacións, cun valor de precipitación media sobre a España peninsular de 17,1 mm, valor que representa soamente o 33 % do valor normal do mes (período de referencia: 1991-2020). Tratouse do noveno mes de febreiro máis seco desde o comezo da serie en 1961 e do sexto do século XXI. Cinco do últimos seis meses de febreiro en España foron catalogados como moi secos.
|
Precipitación |
||
P (mm) |
Porcentaxe (%) |
Carácter |
|
España peninsular |
17,1 |
33 |
Moi seco |
Baleares |
145,6 |
301 |
Extremadamente húmedo |
Canarias |
39,3 |
105 |
Húmedo |
Febreiro foi entre seco e moi seco en case toda a Península, chegando a ser extremadamente seco na zona central de Castela-A Mancha. Pola contra, foi entre normal e húmido na fachada mediterránea peninsular, Aragón e A Rioxa. No arquipélago balear, febreiro tivo un carácter extremadamente húmido, sobre todo en Mallorca. Finalmente, en Canarias, febreiro foi entre normal e húmido en todas as illas, chegando a moi húmido nalgúns puntos.
Porcentaxe da precipitación recollida respecto á media normal do período 1991-2020
As precipitacións máis abundantes producíronse durante os últimos días do mes. Estiveron asociadas principalmente á borrasca Juliette, que se formou no Mediterráneo, e afectaron á maior parte do territorio, salvo a algunhas zonas do interior e levante peninsulares e a puntos do oeste de Andalucía. Foron especialmente intensas nas illas Baleares, onde chegaron a superarse os 150 mm en zonas de Mallorca, con nevadas en cotas baixas e acumulacións de máis dun metro de neve a partir de 800 metros na serra de Tramontana.
TEMPERATURAS
O mes de febreiro foi en conxunto normal, cunha temperatura media sobre a España peninsular de 6,7 °C, valor que queda 0,4 °C por baixo da media deste mes (período de referencia: 1991-2020). Tratouse do vixésimo oitavo mes de febreiro máis frío desde o comezo da serie en 1961, e do noveno máis frío do século XXI.
|
Temperatura media |
||
T media (°C) |
Anomalía (°C) |
Carácter |
|
España peninsular |
6,7 |
-0,4 |
Normal |
Baleares |
9,6 |
-0,7 |
Frío |
Canarias |
13,8 |
-1,1 |
Frío |
Por zonas, foi moi frío na maior parte do terzo leste da Península, entre frío e normal no centro, e cálido en zonas de Galicia e do interior de Andalucía. En Baleares e en Canarias resultou frío ou moi frío.
Diferenza entre as temperaturas observadas e o valor media normal do período 1991-2020
As temperaturas máximas diarias quedaron en media 0,5 °C por encima do valor normal, mentres que as mínimas situáronse 1,2 °C por baixo da media, resultando unha oscilación térmica diaria 1,7 °C superior á normal do mes.
En febreiro houbo dous episodios cálidos. No primeiro deles, Xirona alcanzou 25,2 ºC o día 4. Houbo tamén dous episodios fríos. O máis destacado tivo lugar entre os días 24 e 28 de febreiro, con temperaturas tanto máximas como mínimas moi por baixo das normais para a época e xeadas xeneralizadas no interior peninsular e puntos de Baleares. O día 28, Molina de Aragón (Guadalaxara), baixou ata -15,8 ºC.
NOTAS importantes:
Desde xaneiro de 2023 empezouse a utilizar na produción climatolóxica de AEMET os valores Normais Climatolóxicos Estándares para o período 1991-2020, elaborados na área de Climatoloxía e Aplicacións Operativas de AEMET, de conformidade coas directrices marcadas pola OMM na súa Resolución 16 (Cg-17).
En setembro de 2020 pasouse a utilizar como valores de referencia para a vixilancia do clima en España os valores medios no territorio peninsular español das reixas mensuais e anuais de temperatura e precipitación descritas nas notas técnicas 31 e 32 de AEMET (período de referencia: 1981-2010). Este cambio de metodoloxía pode dar lugar a diferenzas significativas cos resultados que se obtiñan a partir dos valores de referencia anteriormente utilizados.
Para elaborar esta nota de prensa empregouse un avance climático cuxos datos son provisionais e están suxeitos a unha posterior validación.
©AEMET: Autorizado o uso da información e a súa reprodución citando AEMET como autora desta.