
Presentouse o libro sobre os Muiños e otras industrias tradicionais no Concello de Chantada, editado pola CHMS
- Detalles
- Luns, 06 Febreiro 2023

- “É unha satisfacción contribuir na difusión deste traballo que nos leva a unha viaxe polo tempo, perfectamente estructurada, que rescata do olvido un dos elementos importantes da nosa historia e que, xunto ao hórreo e o carro, supón un referente da nosa cultura” explicou Quiroga
- “Ofrece unha radiografía nítida da zona, que axuda a visibilizar a riqueza natural e patrimonial desta demarcación hidrográfica” incidiu o presidente
José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependiente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, presentou no Auditorio de Chantada a publicación “AS INDUSTRIAS DA AUGA NO CONCELLO DE CHANTADA. OS MUÍÑOS E AS OUTRAS INSTALACIÓNS TRADICIONAIS FABRÍS”, editada pola CHMS.
No acto de presentación participaron o Alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo, o presidente de Asociación Galega do Patrimonio Industrial, Manuel Lara, e os autores da publicación Claudio Otero e Antonio Paz.
Durante as intervencións incidiuse sobre a importancia que teñen estas instalacións desde a antigüidade, entendendo que a enerxía asociada ós recursos hidráulicos segue sendo aproveitada para desenrolar distintas actividades económicas e tamén para o dia a día dos habitantes das distintas poboacións que compoñen a xeografía galega.
“É unha satisfacción contribuir na difusión deste traballo que nos leva a unha viaxe polo tempo, perfectamente estructurada, que rescata do olvido un dos elementos importantes da nosa historia e que, xunto ao hórreo, supón un referente da nosa cultura” explicou Quiroga.
“Esta publicación ofrece unha descripción das instalacions patrimoniais ubicadas en dominio público hidráulico no “País dos mil ríos”. Estamos ante un traballo de carácter descriptivo, que ofrece unha radiografía nítida da zona, que axuda a visibilizar a riqueza natural e patrimonial desta demarcación hidrográfica, como canle de difusión da nosa xeografía e hidroloxía en conxunción cun valioso patrimonio hidráulico” incidiu o presidente
“O muiño, o muiñeiro, a muiñada e a muiñeira deron pé a un cento de historias que enchen de folklore, etnografía e cultura inmaterial o acervo do que somos a traveso do que fumos. Son moitas as historias relacionadas con estes lugares, tantas como visitantes tiñan, e cada unha delas tinguida polo selo persoal, negocios, amoríos, transacións, acordos, noticias e unha longa fervenza de feitos e nomes rebordan a intrahistoria dos nosos muiños”, concluiu Quiroga.