• imprimir

A CHMS executará actuacións de adecuación e mellora de 4 fosas sépticas no municipio ourensán de Melón

La CHMS ejecutará actuaciones de adecuación y mejora de 4 fosas sépticas en el municipio ourensano de Melón
  • O investimento necesario estímase en 327.300 euros, que serán sufragados en porcentaxe 80/20, entre CHMS e Concello, respectivamente.

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Emilio Luís Diaz, alcalde do Concello ourensán de Melón, rubricaron o Convenio de colaboración que posibilitará melloras no sistema de saneamento e depuración do municipio.

O presente convenio ten por obxecto determinar as condicións de colaboración entre ambas as partes para o financiamento e execución das obras; así mesmo, tamén establece o réxime da posterior entrega das obras executadas para o seu mantemento e conservación.

Proxecto

Actualmente, os núcleos de Melón, Quins e Barcia, no termo municipal de Melón, contan con sistemas de depuración a través de fosas sépticas, cuxo funcionamento está a resultar ineficaz e deficiente; así mesmo, a rede de colectores municipais nalgún destes núcleos necesitará dalgún tipo de intervención de limpeza, mellora ou reconstrución.

Para solucionar a problemática existente, procederase, en primeiro lugar, á realización dun estudo para a análise do estado e funcionamento actual de cada unha das fosas sépticas existentes, que permitirá definir as obras necesarias para a súa posta a punto, e o deseño dunha nova instalación de depuración para o núcleo de Quins; en segundo lugar, á execución das correspondentes obras derivadas do estudo.

O investimento necesario estímase en 327.300 €, que serán sufragados en porcentaxe 80/20 pola CHMS e o Concello de Melón, respectivamente.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.