
A CHMS participou na Mesa Nacional do Regadío no MAPA
- Detalles
- Xoves, 15 Decembro 2022

- Tratouse, entre outros, sobre o regadío do Val de Lemos, no que traballan, CHMS e USC, no proxecto de diagnose que está a reflectir a súa precaria situación
- "En breve será o momento de convidar a que outras Administracións, participen dos datos e póidanse conxugar todas as variables que fagan viable o regadío, aínda que, vai necesitar unha nova visión sobre o parcelario que poida propiciar máis operatividade produtiva” explicou Quiroga
O director Técnico da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, participou esta mañá na Mesa Nacional do Regadío, a convocatoria do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Na mesma tratouse a problemática de varios regadíos situados na demarcación do Miño-Sil, entre outros, sobre o regadío do Val de Lemos, que neste momento, a CHMS e a USC continúan co proxecto de estudo de diagnose que está a reflectir a súa precaria situación.
O estudo integral de diagnóstico, iniciado a primeiros de ano, está moi avanzado. “Estase a traballar desde un punto de vista legal, económico, social, produtivo e estrutural da zona, para conseguir o desenvolvemento sostible do recurso" explicou o presidente
Este estudo incluirá, ademais, as actuacións necesarias, a súa implementación práctica, o custo asociado e as entidades que deberán de formar parte das solucións. Dentro desta dinámica estase dialogando cos regadores como un elemento fundamental.
"En breve será o momento de convidar a que outras Administracións, participen dos datos e póidanse conxugar todas as variables que fagan viable o regadío, aínda que, vai necesitar unha nova visión sobre o parcelario que poida propiciar máis operatividade produtiva” explicou Quiroga
“Unha vez terminado este estudo de diagnose será o punto de partida para incidir na necesidade de fondos do MAPA que posibiliten a execución das accións materiais e inmateriais, aínda que, a Administración Autonómica terá que realizar os traballos previos da súa competencia; pola nosa banda, e como xa indicamos, o estudo integral está en marcha desde primeiros de ano e continuaremos avanzando no mesmo” concluíu o presidente.