• imprimir

CHMS inicia a segunda fase das obras de mellora do roteiro fluvial dos muíños do río Formigueiro, no municipio ourensán de Amoeiro

CHMS inicia la segunda fase de las obras de mejora la ruta fluvial de los molinos del río Formigueiro, en el municipio ourensano de Amoeiro
  • O investimento estimado superará os 185.000 euros
  • As obras consisten na restauración de dous muíños e dun poldrado, ademais da conservación e acondicionamento do leito
  • Este proxecto completa ao executado nunha primeira fase, cuxo investimento superou os 200.000 euros, e que consistiu na construción dunha senda fluvial de 655 metros lineais, con tramos de pasarela, escaleiras e 2 miradoiros de madeira duns 20 m2, que finalizou en febreiro de 2022
  • “O obxectivo é a conservación e mellora dunha contorna fluvial cun marcado valor ecolóxico e unha forte identidade paisaxística que, en xeral, está pouco alterada polo home” explicou Quiroga

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, iniciará o vindeiro martes a segunda fase das obras de acondicionamento do roteiro fluvial dos muíños do río Formigueiro no T.M. de Amoeiro (Ourense).

“O obxectivo é a conservación e mellora dunha contorna fluvial cun marcado valor ecolóxico e unha forte identidade paisaxística que, en xeral, está pouco alterada polo home” explicou o presidente da CHMS.

Proxecto

As obras consisten na restauración e mellora de dous muíños e dun poldrado, así como da limpeza e conservación do leito e marxes no río Formigueiro.

A restauración dos muíños consiste no descombro, limpeza de paramentos e demais estruturas aproveitables; rexuntado e retacado, desmonte de estruturas non aproveitables; e construción de novas estruturas de cargadeiros e cubertas de tella. No interior dos edificios realizaranse obras de novos forxados e pavimentos, e da restauración dos distintos elementos da maquinaria de moenda.

Por outra banda, o proxecto contempla a mellora da capacidade hidráulica dunha pontella ou poldrado á que se dotará de elementos que melloren a súa estabilidade ante futuras crecidas do río.

Por último, as actuacións descritas completaranse coa restauración ambiental e mellora do leito e de eliminación de barreiras no tramo de actuación, para iso realizarase entresaca e rozas selectivas, así como, partido e retirada das árbores caídas ou daqueles que estean en malas condicións fitosanitarias

Estes traballos supoñen un investimento de 185.00 euros e o prazo máximo de execución estímase en 5 meses.

Este proxecto completa ao executado nunha primeira fase, cuxa investimento superou os 200.000 euros, e que consistiu na construción dunha senda fluvial de 655 metros lineais, con tramos de pasarela, escaleiras e 2 miradoiros de madeira duns 20 m2, e que finalizou en febreiro de 2022.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.