
A CHMS licita o proxecto de saneamento e bombeo do núcleo de Sequeiros, situado no municipio ourensán de Coles
- Detalles
- Martes, 05 Xullo 2022

- O valor estimado do contrato ascende a 949.229,65 euros
- O prazo de presentación de ofertas finaliza o próximo 21 de xullo
- A actuación consiste na execución dunha rede de colectores que recollan as augas residuais que chegan á fosa existente xunto ao arroio Lusín para, unidas ás procedentes do núcleo de Sequeiros, ser conducidas ata a rede de saneamento de Ourense
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, somete a licitación o proxecto de “Construción de mellora do saneamento e bombeo de augas residuais de Sequeiros, no TM de Coles (Ourense)”, tal e como indica a Plataforma de Contratación do Sector Público.
O valor estimado do contrato ascende a 949.229,65 euros e o prazo para presentación de ofertas finalizará ás 23:59 horas do día 21 de xullo de 2022; unha vez culmine este proceso a empresa que resulte adxudicataria dispoñerá de 12 meses para a execución dos traballos.
O proxecto
Actualmente, gran parte da poboación do municipio de Coles verte as augas residuais a unha fosa séptica de formigón armado situada ao sur do núcleo de Soutullo de Abaixo, que se atopa en moi malas condicións e a vertedura realízase directamente ao arroio Lusín, sen unha depuración efectiva previa, a uns 2 quilómetros da súa desembocadura, na marxe dereita do río Miño.
O obxectivo da actuación é a execución dunha rede de colectores que recollan as augas residuais que chegan á fosa existente xunto ao arroio Lusín ao sur de Soutullo de Abaixo para, unidas ás procedentes do núcleo de Sequeiros, ser conducidas ata a rede de saneamento de Ourense.
Esta actuación require, ademais, a realización de obras na rede de Ourense que permitan ampliar a capacidade das conducións actualmente existentes e que posibiliten a conexión destas novas verteduras á EDAR.