• imprimir

A CHMS inviste máis de 40.000 € na limpeza do río Barbaña ao seu paso por Noalla, no municipio ourensán de San Cibrao das Viñas

La CHMS invierte más de 40.000 € en la  limpieza del río Barbaña a su paso por Noalla, en el municipio ourensano de San Cibrao das Viñas
  • Os traballos consisten na mellora da conectividade lonxitudinal do leito e na retirada de tapóns
  • 5 operarios traballarán durante 1 mes e medio en máis de 3,1 km de río

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, continúa traballando na limpeza de leito e marxes dos ríos de Ourense, traballos nos que o investimento previsto para 2022 supera os 2,4 mill/€.

Nestes días, as catro brigadas destinadas na provincia de Ourense executan actuacións de mellora da capacidade de desaugadoiro nos ríos Arnoia, Salas, Miño, Sil, Bubal e Barbaña, nos municipios de Allariz, Calvos de Randín, Nogueira de Ramuín, A Peroxa e San Cibrao das Viñas.

Actuacións en San Cibrao das Viñas

Máis concretamente no río Barbaña, ao seu paso polo municipio ourensán de San Cibrao das Viñas, a actuación comprende unha lonxitude de 3.1 km nos que se mellorará a capacidade hidráulica do leito.

Os traballos consisten na retirada de numerosas árbores tombadas sobre dominio público hidráulico e zona de servidume, madeiras que provocan taponamentos en infraestruturas de paso e árbores secas en pé, con risco de caída sobre dominio público hidráulico e zona de servidume.

Estas actuacións completaranse con podas sanitarias e resalveos para mellorar a estabilidade da vexetación e para facilitar o fluxo en casos de avenida, diminuíndo así o risco de inundacións; eliminaranse, ademais, os residuos sólidos urbanos presentes en leito e marxes que, unha vez seleccionados por tipo de residuo, entregaranse a xestor autorizado.

“Consideramos que a conservación dos nosos leitos é a clave para que os cidadáns coñezan e valoren a riqueza natural que forman os ríos e o ecosistema que os sustenta, coñecer para valorar, este é o obxectivo”, concluíu o presidente.

140622 Foto1

140622 Foto2

140622 Foto3

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.