• imprimir

A CHMS e a USC redactarán un plan integral para o aproveitamento sostible do regadío no Val de Lemos (Lugo)

La CHMS y la USC redactarán un plan integral para el aprovechamiento sostenible del regadío en Val de Lemos (Lugo)
  • O investimento estimado supera os 290.000 euros
  • Levarase a cabo un diagnóstico desde o punto de vista legal, económico, social, produtivo e estrutural da zona
  • Exporanse as actuacións para realizar, do mesmo xeito que a súa implementación práctica, o custo asociado e as entidades que deben formar parte das solucións
  • “Basicamente, trátase de por en marcha unha folla de ruta que desbloquee e achegue solucións aos principais problemas da actividade agraria e ao aproveitamento sostible da auga por parte da comunidade de regadores do Val de Lemos”, explicou Quiroga

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Antonio López, reitor da Universidade de Santiago de Compostela, rubricaron hoxe o Convenio de colaboración para a posta en marcha dun plan integral de aproveitamento agronómico do regadío no Val de Lemos (Monforte de Lemos- Lugo).

O presente convenio, cuxo investimento estimado supera os 290.000 euros, ten por obxecto determinar as condicións que rexerán os traballos e o financiamento dos mesmos, establecendo un prazo de execución de 18 meses, salvo que as partes acorden unanimemente a súa prórroga por un período de ata catro anos adicionais.

Os traballos contidos no plan ofrecerán un diagnóstico integral da zona de regadío do Val de Lemos e unha proposta de accións para o seu desenvolvemento futuro sostible como acción crave para a sustentabilidade da agricultura e a loita contra o cambio climático.

A avaliación levarase a cabo desde o punto de vista legal, económico, social, produtivo e estrutural da zona e analizaranse con precisión os problemas principais actuais e futuros. Ademais, expoñerá as actuacións para realizar, do mesmo xeito que a súa implementación práctica, o custo asociado e as entidades que deban formar parte das solucións; todo iso cun enfoque acorde ás formulacións e restricións ambientais, sociais, territoriais e produtivas futuras.

O convenio establece un valor esencial á participación dos regadores, tanto para a obtención da información como para a proposta de solucións, que se articulará mediante un activo proceso de participación pública organizado, regulado e transparente ao longo de todo o proceso.

As actuacións proxectadas estrutúranse en 10 fases que se inician coa recompilación, análise da documentación existente e traballos previos, para continuar con traballos de campo, elaboración de planos e fichas, caracterización e elaboración do SIG e as Bases de Datos Espaciais, diagnóstico social da comunidade de regadores, proposta da folla de ruta para a desafectación de parcelas de rega, proposta de modelos de cultivo, deseño e posta en marcha de plan de difusión con investidores para, como última fase, proceder á elaboración da documentación e os entregables do proxecto.

“Basicamente trátase da poñer en marcha unha folla de ruta que desbloquee e achegue solucións aos principais problemas da actividade agraria e ao aproveitamento sostible da auga por parte da comunidade de regadores do Val de Lemos”, explicou Quiroga.

“Por outra banda hai que destacar que os resultados deste estudo permitirán a captación de fondos procedentes da Unión Europea (Next generation), en especial aqueles ligados ao desenvolvemento da agricultura sostible e o pacto verde europeo” matizou o presidente.

“O obxecto do estudo xorde sobre a base de dar solución a unha problemática que vén de moi atrás e que, ademais, supoñerá a posta en marcha de novas actividades económicas xeradoras de emprego de alto valor, necesarias para estabilizar e fixar poboación rural; unha aposta moi firme que está a levar a cabo o Goberno de España desde o inicio da lexislatura” concluíu o presidente.

20220503 Foto2

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.