• imprimir

A CHMS investirá 1.250.000 € en mellorar a marxe dereita do río Sil en “O Bañadoiro” (Vilamartín de Valdeorras)

La CHMS invertirá 1.250.000 € en mejorar la margen derecha del río Sil en “O Bañadoiro” (Vilamartín de Valdeorras)
  • O presidente do organismo e o alcalde do municipio rubricaron hoxe o convenio de colaboración que posibilita estas actuacións
  • O proxecto xa está redactado e conta con informe ambiental, estando pendente o informe de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Enrique Álvarez Barreiro, alcalde de Vilamartín de Valdeorras, rubricaron hoxe o Convenio de colaboración que determina as condicións para o financiamento, execución e posterior entrega das obras de mellora da marxe dereita do río Sil en “O Bañadoiro” no municipio ourensán de Vilamartín de Valdeorras.

Quiroga sinalou que este proxecto, que supón un investimento de 1.243.700 €, será sufragado entre ambas as administracións, en aras da colaboración institucional que este Organismo de conca brinda aos distintos concellos situados na conca hidrográfica para a execución de proxectos de mellora dos nosos leitos fluviais e a súa contorna.

O proxecto

As actuacións previstas mellorarán unha superficie aproximada de 20.540 m2 e incluirán a eliminación do tráfico rodado na zona de paseo do río que se recuperará para carril bici de 2,5 m de ancho de dobre sentido con arboredo e paseo xeral en chan estabilizado de 3 m de ancho e adecuación de espazos verdes existentes resementados en 200 m.

Ademais, procederase á recolocación do vial actualmente deteriorado situado no extremo Sur a beira do río Sil para trasladalo ao Norte e xeraranse conexións peonís entre o vial e a actuación de paseo do río e as intervencións interiores como son a área de piscinas, a área de xogos infantís, entre outras actuacións.

“Este proxecto nace co obxectivo de ofrecer un mellor servizo a lugareñ@ s e visitantes, mellorando a oferta lúdico-fluvial da zona, reordenando a circulación de persoas e tráfico, e preservando os valores ambientais da mesma” explicou o presidente.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.