
Apoia ao proxecto Migra Miño-Minho na súa candidatura aos premios Rede Natura 2000
- Detalles
- Venres, 01 Abril 2022

- O proxecto Migra Miño-Minho, finalista do Premio Natura 2000 da Comisión Europea, categoría de Cooperación Transfronteiriza; seleccionado entre os 40 proxectos presentados, o xurado recoñece as accións de conservación e sensibilización dos hábitats e das especies
Desde a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do MITECO, como socios no proxecto, animámosche a participar co teu voto, o prazo remata o 27 de abril.
O proxecto gañador desvelarase o próximo mes de maio e será seleccionado por un xurado de expertos, durante a cerimonia de entrega dos Premios Europeos Rede Natura 2000, que se celebrará en Bruxelas.
A distinción supoñerá un recoñecemento ao traballo conxunto realizado entre Galicia e o Norte de Portugal na protección da biodiversidade e na conservación da natureza realizado desde o 2017.
ESPERAMOS CONTAR CO TEU APOIO PARA POSICIONAR AO RÍO MIÑO EN EUROPA!!!
(Só lembrarche que, despois da votación, recibirás un correo electrónico para validar, este podería chegarche como spam, nese caso, móveo a cartafol de entrada e xa poderás validalo)