• imprimir

O CEIP Vista Fermosa participa no proxecto de educación ambiental “Gústame O Meu Río: ensíname a coidalo”

Alumnos del CEIP Vista Hermosa participan en el proyecto de educación ambiental “Me Gusta Mi Río: enséñame a cuidarlo”
  • Promovido pola CHMS e co obxectivo de valorizar o coidado e respecto pola auga
  • 50 escolares participaron activamente nas distintas actividades e mostraron moito interese en cada unha das mesas de traballo

Esta mañá os alumnos e alumnas do CEIP Vista Fermosa participaron activamente no conxunto de actividades programadas pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do MITECO, conmemorando a semana da auga.

Actividades

Os escolares aprenderon sobre a celebración do Día da Auga, do coidado do medio ambiente e da importancia dos pequenos xestos diarios. “Formades parte dunha nova xeración que aprende e valoriza a riqueza natural da contorna e a necesidade de conservala”, lembrou e agradeceu o presidente da CHMS.

Estas actividades están enmarcadas dentro do proxecto -Gústame o Meu Río: ensíname a coidalo-, deseñado pola CHMS, nas que se realizan 3 saídas ao río para comprobar o estado do leito, presenza de macro-invertebrados acuáticos, bosque de ribeira, vertebrados asociados ao río, calidade da auga, temperatura, ph, entre outros parámetros; ademais de pautas de bo uso do recurso e da colocación dunha caixa niño para aves co obxectivo de responsabilizar aos pequenos do seu coidado, protección e vixilancia nas súas visitas a este río.

Como complemento a estas actuacións, os alumnos e alumnas do CEIP Vista Fermosa tamén visitaron unha das estacións de control que ten a CHMS no río Miño, alí puideron comprobar os procedementos mecánicos e informáticos que facilitan os datos -nivel/caudal, temperatura, pH, condutividade, amonio, turbidez, materia orgánica e osíxeno disolto- desde o propio río, o proceso que seguen ata a chegada ao CENTRO DE CONTROL DE CONCA, situado nas oficinas do organismo, e o seu baleirado á web do Organismo para que calquera persoa poida ter acceso aos mesmos en tempo real.

“O obxectivo destas actividades de educación ambiental é aproximar aos escolares ao río e ao medio natural que os rodea a través de actividades que promovan o contacto coa contorna natural e fomenten actitudes respectuosas no consumo de auga, tentando que eses coñecementos non queden na escola, senón que formen parte das rutinas habituais nos ámbitos familiar e social” explicou o presidente.

“Desde a CHMS sabemos que os máis pequenos valorades a auga e os ecosistemas fluviais e solicitamos a vosa axuda para concienciar e sensibilizar aos maiores sobre o valor do recurso en cada un dos nosos xestos diarios na casa, na escola e, en definitiva, na vida” incidiron os educadores, engadindo que - Pinga a pinga faise o río-, o que implica que a colaboración de todos e todas é clave sempre, pero sobre todo en momentos de escasa pluviometría, como é o actual”.

240322 FOTO2

240322 FOTO1

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.