• imprimir

A Confederación Miño-Sil mellorará o saneamento e a depuración do Concello ourensán de Taboadela

La Confederación Miño-Sil mejorará el saneamiento y la depuración del Concello ourensano de Taboadela
  • O investimento estimado superará os 700.000 euros, que serán sufragados polo Estado, a través da CHMS, nun 80% e o 20% restante pola Administración local
  • Os traballos proxectados executaranse no núcleos de Espiñeiro, Xociños, Vendanova, Veredo, Alto de Taboadela e Palacios

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Álvaro Vila, Alcalde de Taboadela, rubricaron hoxe o Convenio de colaboración que posibilita as obras de mellora do saneamento e a depuración das augas residuais do municipio ourensán de Taboadela.

O presente convenio ten por obxecto determinar as condicións que rexerán a execución das obras e instalacións necesarias, a posta ao dispor dos terreos e o réxime da posterior entrega ao Concello de Taboadela para o seu mantemento e conservación.

A CHMS licitará, adxudicará e xestionará os contratos da obra, servizos e calquera outros necesarios para a execución do presente Convenio, ata a terminación definitiva das actuacións.

As obras consistirán na construción de tres pequenas estacións de tratamento de augas residuais para o servizo dos núcleos de Espiñeiro, Xociños e Vendanova, a súa conexión ás redes de saneamento existentes. Por outra banda, tamén se executarán as actuacións que permitan conectar os núcleos de Veredo, Alto de Taboadela e Palacios ás redes de saneamento e á EDAR do municipio.

O investimento estimado superará os 700.000 euros, que serán sufragados polo Estado, a través da CHMS, nun 80% e o 20% restante pola Administración local.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.