
A CHMS inviste máis de 170.000€ na eliminación de especies invasoras no río Cotarel ao seu paso polo municipio pontevedrés de Tui
- Detalles
- Mércores, 26 Xaneiro 2022

- Actuacións realizadas en dúas fases, na primeira, procedeuse á eliminación de EEI e colocación de 8 km de lámina de polietileno para evitar rebrotes, na segunda, repasar o executado e repoboarase con especies autóctonas de ribeira
- “Desde a CHMS queremos agradecer a implicación do Concello de Tui e da Asociación de Muiñeiros do río Tripes e a predisposición dos propietarios lindeiros co río de facilitar o acceso ao mesmo” destacou Quiroga
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, inviste máis de 170.000 € na eliminación de especies exóticas invasoras – EEI- (acacias, canas e bambú negro) no río Cotarel ao seu paso polo municipio pontevedrés de Tui.
Durante o exercicio 2021, procedeuse á eliminación de invasoras (EEI) e colocación de 8 km de lámina de polietileno necesaria para evitar os rebrotes, o que supuxo un investimento de máis de 141.000 €.
No ano 2022, trabállase na comprobación e repaso das actuacións anteriores e na repoboación con especies autóctonas de ribeira, para as que se proxectou un investimento próximo aos 30.000 €.
Executáronse, ademais, actuacións urxentes ao detectar unha importante presenza de árbores e ramas caídos, ademais de tramos con abundante vexetación que dificultaba o tránsito en ambas as marxes e para mellorar a capacidade de desaugadoiro do leito.
“Realizáronse podas sanitarias e resalveos para mellorar a estabilidade da vexetación e facilitar o fluxo en casos de avenida, diminuíndo o risco de inundación, entre outros traballos” explicou José Antonio Quiroga, presidente da CHMS.
A zona de traballo atópase dentro dos espazos protexidos pola Rede Natura 2000, na ZEPVN/ ZEC Monte Aloia; antes do inicio das actuacións obtívose a correspondente autorización do Servizo de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.
“Desde a CHMS queremos agradecer a implicación do Concello de Tui e da Asociación de Muiñeiros do río Tripes e a predisposición dos propietarios lindeiros co río de facilitar o acceso ao mesmo” destacou Quiroga